Río Main
| Río Main | |
|
{{{lenda}}} |
|
| País | Alemaña |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | n/d |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 524 km |
| Caudal medio | 190 m3/s |
| Conca | n/d |
| Desembocadura | Río Rhin |
O Main é un río da Alemaña. É un dos afluentes máis caudalosos do Rin, ao cal se une pola súa marxe dereita, logo dun curso de 524 km. A súa bacía cobre unha área de 27.292 km2.
Índice |
Percorrido [editar]
O Main nace na Selva de Franconia a uns 524 msnm e desauga no Rin en fronte da cidade de Mainz.
Pese a que seu curso é moi sinuoso, o Main é navegábel ao longo de 396 km. A través do canal Rhin-Main-Danubio entróncase o Rin co Danubio.
O río atravesa os estados (Länder, nominativo plural do alemán Land) de Baviera, Baden-Württemberg (sinala os límites con Baviera uns quilómetros ) e máis Hessen.
Entre as cidades importantes que baña, cómpre destacar Würzburg, Offenbach am Main, Frankfurt am Main, Bayreuth, Kulmbach, Lichtenfels, Bamberg, Schweinfurt, Aschaffenburg, Hanau e Rüsselsheim.
Afluentes [editar]
Entre os tributarios do Main cabe salientar os seguintes:
- Pola esquerda:
- Pola dereita:
Outros datos [editar]
O seu nome latín era Moenus, de onde deriva o romance de Meno, con o que foi coñecido nalgunhas das linguas hispánicas. O seu nome propiamente é céltico, derivado da raíz indoeuropea *mei- "ir, mover", do que tamén procede, probabelmente, o nome do río galego Miño.
Galería de imaxes [editar]