Werner Herzog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Werner Herzog
Werner Herzog Venice Film Festival 2009.jpg
Werner Herzog en Cannes no 2009
Nacemento Werner Stipetic
5 de setembro de 1942
Múnic, Alemaña
Profesión Guionista, produtor cinematográfico, documentalista e actor (1962 - actualidade)
Ficha na IMDb

Werner Herzog, nado co nome de Werner Stipetic en Múnic o 5 de setembro de 1942, é un director de cine, documentalista, guionista, produtor e actor alemán.

Biografía[editar | editar a fonte]

Se ben naceu en Múnic, pasou toda a súa infancia nunha aldea das montañas de Baviera, onde non tiña acceso á radio nin ao cine.

Con trece anos marchou a Múnic para iniciar os estudos secundarios, aloxándose na mesma pensión en que vivía Klaus Kinski, actor que nun futuro sería importante na súa carreira cinematográfica. Durante a adolescencia tivo unha etapa de gran fervor relixioso, chegando a converterse ao catolicismo, o que provocou discusións coa súa familia, que eran ateos convencidos. Nesa época tamén comezou a realizar longas viaxes a pé. Con quince anos atravesou Europa, desde Múnic até Albania. Tamén fixo a pé unha viaxe até Grecia.

Con 17 anos decidiu dedicarse ao cine. Para pagarse as súas películas traballou en diversos oficios, que combinaba cos seus estudos secundarios e máis tarde universitarios. Iniciou estudos de Historia, Literatura e Teatro en Múnic. En 1960 obtivo a bolsa Fulbright para o Seminario de cine da Universidade de Duquesne, en Pittsburgh (EUA). Á parte diso, a súa formación é autodidacta, pois non foi a escola de cine ningunha, nin traballou como asistente de director. Nos EUA combinou de novo os estudos con diversos traballos, como soldador nunha fábrica ou aparcando vehículos. En 1962, con vinte anos, fundou a súa produtora, Herzogfilmproduktionen. Ao ano seguinte iniciou a rodaxe da súa primeira curtametraxe, Herakles

Obra[editar | editar a fonte]

Werner Herzog en Seattle.

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Documentais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Werner Herzog

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]