Norte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Norte ou Setentrión, símbolo N, é un dos catro Puntos cardinais da Rosa dos Ventos, que ven orientado pola Estrela polar. A orientación determinada polo norte tamén se adxectiva coma ártico, boreal ou setentrional. O seu punto cardinal oposto é o sur.
Índice |
[editar] Etimoloxía de "setentrión"
Setentrión deriva etimoloxicamente do latín septentrĭo, -ōnis, (septem, sete e trio, -ōnis, boi). Os romanos chamaban Septentrium ("sete bois") ás sete estrelas que conforman ó asterismo da constelación Ursa Major (Osa Maior) popularmente coñecido coma "O Carro", que é, supostamente, a cola e as pernas da Osa Maior. Denominabanno así pola crenza antiga que lles facía pensar que sete bois tiraban permanentemente da esfera celeste, facéndoa xirar sobre o eixo que pasa pola estrela polar. A palabra non ten variado durante este tempo, e derivou a "setentrional" e "setentrión" có significado de "do norte" oo "procedente do norte". Esta palabra usase xeralmente para referirse ó norte e en particular para a Osa Maior e o Polo Norte .
[editar] Etimoloxía de "norte"
Norte proven da palabra norð, do inglés antigo, e esta deriva do protoindoeuropeo ner, que significa "esquerda", posto que o norte está á esquerda cando un se enfronta ó Sol pola maña (orto solar).
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
|
|---|
| Norte · Leste · Sur · Oeste |