Max Planck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Max Planck

Max Planck (23 de abril de 1858 - 1947) foi un físico que naceu en Kiel, Alemaña. Despois de estudar en Múnic e Berlín, Planck obtivo o seu grao de doutor en 1879. Despois de ocupar o cargo na Universidade de Kiel, Planck foi nomeado profesor de Física Teórica da Universidade de Berlín no 1899 substituíndo a Kirchhoff, permaneceu aquí ata 1926. Planck foi premiado no 1918 co premio Nobel polo descubrimento da natureza cuantizada da enerxía.

Traxectoria[editar]

Max Karl Ernst Ludwig Planck (1858 - 1947) foi un físico alemán considerado como o pai da teoría cuántica.

Naceu o 23 de Abril de 1858 en Kiel. Comezou os estudos de física na Universidade de Múnic en 1874, graduándose en 1879 en Berlín. Volveu a Múnic no 1880 para ensinar na universidade, e trasladouse a Kiel en 1885. Casouse con Marie Merck en 1886. No 1889, trasladouse de novo a Berlín, onde ocupou a cátedra de física teórica dende 1892 en diante.

En 1899, descubriu unha nova constante fundamental, chamada na súa honra Constante de Planck, a que é usada, por exemplo, para calcular a enerxía do fotón. Un ano máis tarde, descubriu a lei da radiación, chamada Lei de Planck da Radiación. Esta foi a base da teoría cuántica, que xurdiu dez anos despois coa colaboración de Albert Einstein e Niels Bohr.

De 1905 a 1909, Planck actuou como a cabeza da Deutsche Physikalische Gesellschaft (Sociedade alemá de física). A súa muller morreu en 1909, e un ano despois casouse novamente con Marga von Hoesslin. En 1913, foi nomeado Reitor da Universidade de Berlín. Como consecuencia do nacemento da física cuántica foi premiado no 1918 co Premio Nobel de Física. De 1930 a 1937, Planck foi o Presidente do Kaiser-Wilhelm-Gesellschaft zur Förderung der Wissenschaften (KWG, Sociedade para o Avance da Ciencia Emperador Guillelme).

Durante a II Guerra Mundial, Planck tratou de convencer a Hitler de liberar ós científicos xudeus. O seu fillo Erwin foi executado o 20 de xullo de 1944, ó ser acusado de traizón en relación cun atentado sufrido por Hitler.

Trala súa morte o 4 de outubro de 1947 en Gotinga, o KWG foi renomeado como Max-Planck-Gesellschaft zur Förderung der Wissenschaften (MPG).

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: