Xogos Olímpicos de 1972

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XX Olimpíada
Olympische Sommerspiele 1972 - Aufnäher.jpg
Múnic 1972
Estados Participantes 121
Atletas 7124
Eventos 195 en 23 deportes
Cerimonia de Apertura 26 de agosto
Cerimonia de Clausura 11 de setembro
Apertura oficial Gustav Heinemann
Xuramento do Atleta Heidi Schüller
Entrada do Facho Olímpico Günther Zahn
Local Olympiastadion

Os Xogos Olímpicos de 1972 foron realizados en Múnic entre o 26 de agosto e o 10 de setembro de 1972 e até o comezo de setembro estaban a ser considerados os mellores, máis pacíficos e tecnicamente perfectos de todos os tempos, cando foron transformados no maior pesadelo ocorrido na historia das Olimpíadas.

Coa participación récord de 121 estados e 7.134 atletas, foron organizados polos alemáns para celebrar a paz e nos seus primeiros dez días a competición deportiva de alto nivel alí realizada maravillaba ó mundo. Mais na madrugada do día 5 de setembro, cinco palestinos do grupo terrorista Setembro Negro invadiron a Vila Olímpica, mataron a dous membros do equipo de Israel e tomaron a nove reféns. O que se seguiu, coa paralización temporal dos Xogos e a morte de todos os reféns israelís, ficou coñecido como o Masacre das Olimpíadas de Múnic.

Con todas as bandeiras dos países participantes a media hasta e unha misa no estadio olímpico en honra das vítimas, após 34 horas de interrupción os Xogos volveron a reanudarse, despois da insistencia e a célebre frase do Presidente do COI, Avery Brundage: “Os Xogos deben continuar!”

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Vista da torre do complexo olímpico de Múnic
  • O grande nome de Múnic e un dos maiores de todos os Xogos Olímpicos foi o do nadador norteamericano Mark Spitz. Campión olímpico de sete probas de natación, Spitz tamén quebrou a marca mundial de todas elas, nunha fazaña insólita no deporte. Ademais, dúas desas medallas e marcas foron conquistados na piscina no mesmo día e con apenas unha hora de diferenza entre elas. A súa fazaña xamais foi igualada e o transformou no maior nome da natación mundial de todos os tempos.
  • O finlandés Lasse Viren conquistou o ouro nos 5.000 e nos 10.000 m, este último de maneira sensacional, caíndo ó chan despois dun choque no medio da proba e recuperándose non só para gañar a proba, senón tamén para bater a marcae mundial. Viren gañaría novamente as mesmas probas en Montreal catro anos despois, nun dobrete espectacular, sendo o único atleta en ter conquistado catro medallas de ouro nas dúas probas olímpicas de pista de longa distancia, o chamado double-double.
  • Os Xogos de 1972 tiveron por primeira vez unha mascota, o cachorriño Waldi.
  • Por primeira vez o xuramento olímpico tamén pasou ser feito polos xuízes.
  • Os velocistas americanos Ray Robinson e Eddie Hayes, favoritos na proba dos 100m lisos, gañaron facilmente as súas primeiras eliminatorias mais dormiron demais, perderon a hora da semifinal, foron eliminados e tiveron que asistir pola televisión da vila á vitoria do soviético Valery Borzov, que tamén gañou a proba dos 200m.
  • Os norteamericanos, campións de baloncesto dende os Xogos de 1936, na máis absoluta supremacía que unha única nación tivoe sobre determinado deporte olímpico, viron como se lles escapaba a medalla de ouro nestes Xogos, nunha final emocionante contra a Unión Soviética, na que perderon de 51-50 grazas a un polémico erro na contaxe do tempo, que permitiu ós soviéticos unha canastra no último segundo. Revoltados co acontecido, os estadounidenses se recusaron a recibir as medallas de prata, que até hoxe se encontran gardadas nun cofre na sede do COI, en Suíza. Para os soviéticos, eternos sub-campións nesa disputa do baloncesto cos americanos, esta conquista tivo tamaña importancia e alegría, que oito anos despois, nos Xogos Olímpicos de 1980, o capitán deste equipo de Múnic, Aleksander Belov, tivo a honra de entrar no estadio empuñando o facho olímpico na cerimonia de apertura.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Participantes

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Unión Soviética Unión Soviética 50 27 22 99
2 Estados Unidos de América Estados Unidos 33 31 30 94
3 República Democrática Alemá R. Democrática Alemá 20 23 23 66
4 República Federal de Alemaña República Federal Alemá 13 11 16 40
5 Flag of Japan.svg Xapón 13 8 8 29
6 Australia Australia 8 7 2 17
7 Polonia Polonia 7 5 9 21
8 Hungría Hungría 6 13 16 35
9 Bulgaria Bulgaria 6 10 5 21
10 Italia Italia 5 3 10 18

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]