Kebab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kebabs de peixe ó espeto sendo cociñados en Turcomenistán.
Kebab

O kebab (en árabe: کباب), tamén chamado kebap ou kabab, é un prato típico do Oriente Medio, o Mediterráneo oriental e Asia Meridional. Elabórase con anacos de carne, peixe ou vexetais cociñados á grella ou ó espeto.[1] A súa orixe é o Mediterráneo oriental,[2][3][4] sendo mencionado por Homero,[5] ou tamén no Oriente Medio,[6][7] sendo adoptado posteriormente en Asia Central e nas rexións do Imperio Mongol e do Imperio Otomán.

A carne tradicional do kebab é a de año, mais dependendo dos gustos e das prohibicións relixiosas locais, pode facerse con outras carnes, como a de tenreira, cabra, polo, porco ou peixe. Na actualidade é un prato popular no mundo occidental, especialmente pola mocidade como unha alternativa de comida rápida.[8]

Döner kebab[editar | editar a fonte]

O Döner kebab, literalmente "carne rodante", é a variante turca do kebab, e consiste en follas de carne de tenreira ou polo cociñadas nun torno vertical. O döner kebab adoita servirse nun pan redondo característico da cociña balcánica e oriental chamado "Pita". A carne vai acompañada de ensalada, ou tamén pode servirse nun prato con patacas fritidas, normalmente como acompañamento do "pide" ou Lahmacun (pizza armenia). Os restaurantes nos que se cociña o döner kebab ou shawarma para levar son comúns nalgunhas partes de Europa. O döner kebab ten gran popularidade en Alemaña, Austria, Francia, Países Baixos, Dinamarca, Australia, España e Romanía. Os "gyros" (de carne de porco), chamados así en Grecia, son bastante populares nos Estados Unidos como comida para levar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kebab Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Batmanglij, Najmieh. New Food of Life: Ancient Persian and Modern Iranian Cooking and Ceremonies by Najmieh Batmanglij. ISBN 0-934211-34-5

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]