Aeroporto de Frankfurt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea do aeroporto.
Vista da terminal 2.

O Aeroporto de Frankfurt (alemá: Flughafen Frankfurt am Main) (IATA: FRA, ICAO: EDDF), construído no ano 1936, está situado a 12 km do centro da cidade e conta con catro pistas. Está xestionado pola compañía de transportesFraport.

É, por tráfico de pasaxeiros, o principal aeroporto de Alemaña, o terceiro de Europa (despois do Aeroporto de Heathrow en Londres e do Aeroporto Charles de Gaulle de París), e o noveno a nivel mundial. Por tráfico de mercadorías é o segundo aeroporto a nivel europeo.

Ten o maior número de voos directos a mundo de todos os aeroportos europeos, 275 a 111 países. En 2010 viaxaron polo aeroporto 53,0 millóns de pasaxeiros.

Está prevista a construción da que sería a súa terceira terminal de pasaxeiros, a partir do 2013 e que entrará en servizo no 2020, para incrementar a súa capacitade ata os 90 millóns de pasaxeiros.

Ao aeroporto pódese chegar por estrada, e conta con dúas estacións de tren, unha rexional e outra para tráfico de longa distancia. Deste xeito, o aeroporto conecta de xeito intermodal a unha grande rexión, pois está por vía terrestre a menos de dúas horas de Colonia, da área do río Ruhr e de Stuttgart.