Afganistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
د افغانستان اسلامي جمهوری
Da Afġānistān Islāmī Jomhoriyat
جمهوری اسلامی افغانستا
Jamhūrī-ye Islāmī-ye Afġānistān

República Islámica de Afganistán
Bandeira de Afganistán Emblema de Afganistán
Bandeira Emblema
Himno nacional: Milli Tharana (ملي سرود)
 
Afghanistan (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Cabul
3.476.000 (2013)
Cidade máis poboada Cabul
Linguas oficiais
Paxtún e darí
Forma de goberno República unitaria presidencial
Hamid Karzai
Independencia
 • 1º Estado afgán
• Imperio afgán
• Recoñecemento
de Persia
Abril de 1709
Outubro de 1747
19 de agosto de 1919
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 41º
652.230 km²
Desprezable
5.529 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 40º
31.108.077 (2013 est.)
47,69 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 91º
US$ 36.075 mill.
n/d
IDH n/d
Moeda afgani (AFN)
Xentilicio Afgán, -á
Fuso horario UTC+4:30
Dominio de Internet .af
Prefixo telefónico +93
Prefixo radiofónico T6A-T6Z, YAA-YAZ
Código ISO 004 / AFG / AF
Membro de: ONU
Tódolos países do mundo

Afganistán (en paxtún e dari افغانستان) é un país localizado en Asia central que limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turcomenistán, Uzbequistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular China no extremo máis oriental do país. Carece de saída ó mar. Durante o goberno talibán cambiouse o nome oficial do país de Estado Islámico de Afganistán, polo de Emirato Islámico de Afganistán, nome que só foi recoñecido por Arabia Saudí, os Emiratos Árabes Unidos e Paquistán, actualmente a denominación oficial é República Islámica de Afganistán.

Nome[editar | editar a fonte]

Afganistán tradúcese literalmente como a terra dos afgáns. A orixe do nome cóbrese dun certo misterio, pero o seu uso moderno deriva da palabra afgán. Os pastus parece que comezaron a usar a palabra para referirse ó seu pobo despois da súa islamización. Segundo W.K. Frazier Tyler, M.C. Gillet e varios outros especialistas, a palabra afgán apareceu primeiro no libro do ano 982, Hudud-al-Alam. A última parte da palabra ten a súa orixe na palabra persa -stán (país ou terra). A palabra inglesa, Afghanland, que apareceu en varios tratados entre o Reino Unido e a dinastía Qajar de Persia foi adoptada polos afgán e converteuse en Afganistán.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Afganistán
Na antigüidade, Ariana, o territorio do actual Afganistán, formou parte do Imperio persa aqueménida, do reino helenístico de Bactriana e do Imperio Cuxano. Despois o país converteuse ao budismo coma relixión, converténdose ao Islam máis tarde coa chegada dos árabes.

Ao longo dos séculos IX e X a zona occidental do país, integrante da rexión histórica de Ghorasán, formou parte dunha Persia cada vez máis independente dos califas de Bagdad, baixo as dinastías Tahirí, Saffarí e Samaní. É a época do esplendor Islámico na economía e na cultura, que en toda a Persia Histórica, dende Bagdad ata Samarcanda, dará lugar a numerosas capitais prósperas e moi poboadas polas que transcorría a Ruta da Seda, así coma a numerosas figuras coma Avicena e Algazel en filosofía, Al-Razi e Al-Nafís en medicina, Al-Khwarizmi e Al-Biruní en matemáticas, Omar Khayyam e Firdusi en literatura, Al-Jazari en enxeñería, etc., aínda que case todos eles dedicábanse a múltiples disciplinas, cunha erudición extraordinaria. No ano 977 Sebük Tegin, un vasalo dos Samanís, estableceuse como gobernador na rexión, dando orixe á dinastía Gaznauí, e o seu sucesor Mamud independizouse e estableceu un grande imperio con base en Gazna, estendéndose por Ghorasán, Afganistán e o noroeste da India, realizando máis de 50 expedicións de conquista e saqueo sobre esta última, e dando orixe a un período de gran esplendor económico e cultural na capital Gazna. Posteriormente, coa chegada dos turcos selxúcidas, prodúcese a perda do Ghorasán. No século XII a dinastía dos Gaznauís é substituída pola dos Gurís e a principios do século XIII pola dos Xás de Coresmia.

A partir do ano 1220 comeza a etapa das invasións mongois, que arrasan numerosas cidades esnaquizando poboación e a economía da rexión, tralo que se produce unha crecente nomadización da Persia histórica, incluíndo Afganistán. Coma consecuencia de ditas invasións, establécese nestas terras o dominio dos mongois de Chagatai. A finais do século XIV Tamerlán conquista o país, exercendo un dominio que se vai prolongar precariamente ata mediados do século seguinte, con continuas loitas entre os seus sucesores.

O establecemento do actual estado do Afganistán prodúcese en 1747.

A partir de 1837 comeza a influencia británica no Afganistán. O 19 de agosto de 1919, durante a Guerra Anglo-Afgana, o país obtivo a súa independencia do Reino Unido.

En 1973 un golpe de estado derribou a monarquía e proclamou a república. Cinco anos máis tarde instalouse un goberno comunista, pero a actividade da guerrilla islámica provocou a intervención Soviética rematando esta en 1989 grazas a influencias externas. Logo reanudouse a guerra civil e en 1996 os talibán entraron en Cabul e impuxeron unha réxime baseada na xaria. En 2001 tras os atentados do 11 de setembro en Estados Unidos, unha coalición internacional derrubou o réxime talibán.

En decembro de 2001, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas autorizou a creación dunha forza composta por tropas da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), que asistiu ao goberno do Presidente Hamid Karzai a establecer a dirección de autoridade da nación.

Na actualidade nin os esforzos da OTAN, nin as tímidas accións do goberno de Karzai, conseguiron estabilizar o país, que se atopa inmerso dende o comezo da invasión por parte da coalición liderada polos Estados Unidos nunha situación de guerra constante.

Afganistán e Galicia[editar | editar a fonte]

O 21 de febreiro de 2007 a militar friolesa Idoia Rodríguez Buján falecía nun atentado contra as forzas internacionais que ocupan parte do territorio afgán. A soldado conducía unha ambulancia blindada nun convoi de apoio ás tropas italianas. No vehículo viaxaban tres militares máis, dos que dous, entre eles o noiés Xurxo Laíño del Río, resultaron feridos.

O 8 de novembro de 2008 o militar vigués Rubén Alonso Ríos falecía nun atentado suicida a uns 80 km ao sur de Herat. No ataque, realizado cunha furgoneta bomba, tamén quedaron feridos entre outros os galegos Enrique Dopico Rodríguez (de Betanzos), José Antonio Cures García, e mais Gonzalo Miguélez Diéguez (de Agolada)[1].

Política[editar | editar a fonte]

O actual Presidente de Afganistán é Hamid Karzai, que foi elixido en outubro de 2004. Antes das eleccións fora elixido pola administración Bush para liderar o país tras a caída do réxime talibán. O seu actual goberno inclúe membros da Alianza do Norte e doutros grupos rexionais e étnicos. O antigo monarca Mohammed Zahir Shah volveu ao país, non foi reinstalado no trono, pero mantén algunhas funcións cerimoniais e goza do título de Pai da Nación.

Tras a aprobación da Constitución en 2004 creouse un réxime presidencialista cun parlamento bicameral.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Afganistán.

Afganistán está formada por 34 provincias, ou velayat, que á súa vez se dividen en distritos:

Mapa Provincial de Afganistán
Afghanistan provinces named iso.png
Flag of Afghanistan.svg Provincias de Afganistán
Badaghxán
Badgis
Baglan
Balj
Bamiyán
Daikondi
Farah
Faryab
Gazni
Gor
Gosyán
Helmand
Herat
Cabul
Kandahar
Kapisa
Khost
Konar
Kunduz
Lagmán
Logar
Nangahar
Nimrod
Nurestán
Orusgán
Paktia
Paktika
Panjshir
Parvan
Samangan
Sar-e Pol
Tahar
Wardak
Zabol

Xeografía[editar | editar a fonte]

Afganistán é un país montañoso con chairas no norte e no suroeste. Noshaq, con 7485 metros, é o punto máis alto do país. A meirande parte do país é seca e a auga é un recurso escaso. Afganistán ten un clima continental, con veráns quentes e invernos fríos.

As principal cidade é Kabul, a capital. Outras cidades importantes son Herat, Jalalabad, Mazar-e Sharif e Kandahar.

Poboación[editar | editar a fonte]

Etnias[editar | editar a fonte]

A poboación afgá divídese en varias etnias, a falta dun censo que recolla dos datos de cada unha das etnias a composición aproximada da poboación é a seguinte (segundo CIA World FactBook): Pasthus 42%, taxicos 27%, hazaras 9%, usbecos 9%, aimaks 4%, turcomenos 3%, baluchis 2%

Outros: Hai árabes nas provincias de Kunduz, Takhar e Baghlan; un pequeno grupo de quirguiz no Pamir; wakhis que viven en remotas aldeas da montaña taxica; farsiwans que viven nas provincias fronteirizas con Irán; nuristanís na fronteira con Paquistán; brahuis no suroeste desértico; qizilbash esparexidos nos centros urbanos;

Linguas[editar | editar a fonte]

A Constitución establece o paxtún e o darí como linguas oficiais do país,[2] ademais recoñece como linguas co-oficiais nos territorios onde sexan maioritarias ó usbeco, turcomeno, baluchí, paxaí, as linguas nuristanís, as linguas do Pamir e as outras linguas habituais, coma por exemplo: o wanechí, o parachí, o ormurí, etc.

O darí é a norma escrita que deriva dende hai séculos do parsi e que se fala no Afganistán aproximadamente polo 50% ou 60% da poboación. O aimaq e o hazaraguí ás veces cóntanse como linguas independentes, outras como variedades do darí, en realidade son derivacións do darí, algunhas veces máis próximo ao propio darí e outras ao taxico que incorporan elementos túrquicos e mongoloides.

O paxtún é a lingua habitual dun 35% da poboación e ten o rango de lingua oficial desde 1936. A maioría dos falantes están no sur e no leste do país.

Outras linguas: árabe, acerí, brahuí, cazaco, darwazi, gawar-bati, grangali, gujari, jakati, karakalpak, kirguiz, malakhel, mogholi, ormuri, parachi, parya, savi, shumashti, tirahi, uigur, wotapuri-katarqalai

Linguas nuristanís: axcúnn, kamvirí, kati, prasuni, tregami, waigali

Linguas pamir: munxí, sanglechi-ishkashimi, xugní, vakhí, warduji

Relixión[editar | editar a fonte]

A relixión oficial e maioritaria é o islam: 80% dos afgáns son sunnís e o 19% son xiís e no país hai aproximadamente 48.000 mesquitas. O hinduísmo foi a relixión maioritaria da maior parte do que hoxe é Afganistán ata polo menos o século X, coa chegada dos talibán boa parte dos aproximadamente 70.000 hindús marcharon ó exilio, actualmente hai 43 templos hindús que comparten coa minoría sikh, arredor de 4.500. Hai poucos cristiáns do país: unha misión sui iuris da Igrexa Católica para atender as necesidades dos estranxeiros católicos en Kabul, na actualidade non hai ningún templo protestante aberto ó publico, pero si existiu un entre 1970 e 1973 e algunhas fontes falan de 3.000 cristiáns no país, pero é difícil sabelo pola prohibición legal de deixar o islam. Antigamente había unha numerosa minoría xudía, 5.000 en 1948, pero hoxe tan só queda 1 xudeu que atende o único templo que queda no país.

Cultura[editar | editar a fonte]

Moitos edificios históricos do país danáronse nas guerras recentes. Os talibáns destruíron as famosas estatuas de Buda da provincia de Bamiyán por velas como símbolos doutra relixión. Logo da guerra, moitos obxectos de arte e vestixios arqueolóxicos revendéronse en Occidente. O buzkashi é o deporte nacional. Antes da suba ó poder dos talibáns, a cidade de Kabul era o fogar de moitos músicos que tocaban nos dous estilos da música afgá, a tradicional e a moderna, especialmente durante a celebración de Nauroz.

Educación[editar | editar a fonte]

O 64% da poboación é analfabeta, e entre as mulleres o índice chega ata o 79%. No país hai unhas 3.000 escolas, pero boa parte delas están nunha situación lamentable despois de décadas de guerras e conflitos. Os profesores son 27.000 que dan clases a 3.900.000 de alumnos en primaria e 300.000 en secundaria.

Na Universidade de Kabul están matriculados 7.000 estudantes e existen outras catro universidades en Kabul, entre elas a Universidade Americana de Afganistán que dá as clases en inglés. No resto das provincias hai outras 10 universidades.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Afganistán.

Afganistán é un país extremadamente pobre e un dos menos desenvolvidos do mundo. Dous terzos da poboación vive en menos que 2 US$ ó día. A economía sufriu grandemente a causa do malestar político e militar recente desde a invasión soviética de 1979-80 e os conflitos que viñeron, mentres que a seca severa de 1998-2001 agravou as dificultades debido á alta dependencia da agricultura, pois a maior parte da poboación (61%) traballa no sector agrícola cultivando cereais, árbores froiteiras, froitos secos e algodón. A maioría da agricultura realízase nas chairas do norte, preto das fronteiras con Turcomenistán, Usbequistán e Taxiquistán. Tamén hai importantes rabaños de ovellas, así como artesanía de alfombras. Posúe importantes reservas de gas natural pouco explotadas e unha industria (téxtil, alimentos) recente e pouco desenvolvida.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Afganistán ten tan so 24.6 km. de vías férreas. As estradas, 21.000 km, só 13.3 de vías rápidas, están en reconstrución e aínda existen en moitas delas perigo polos campos de minas nas súas proximidades. Algúns ríos como o Amu Daria ou o Panj son navegables. No país hai 44 aeródromos pero a maioría aínda están danados pola guerra cos talibán. O Aeroporto Internacional de Kabul está a 16 km da capital, e nel operan Ariana Afghan Airlines, Kam Air, Azerbaijan Airlines, Mahan Air, Pakistan International e Qatar Airways.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Commons ten máis imaxes sobre Afganistán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mueren dos soldados españoles en un atentado suicida en Afganistán, La Voz de Galicia, 8/11/2008
  2. Constitución da República Islámica do Afganistán: Capítulo I, O Estado, Artigo XVI: "De entre o paxtún, darí, usbeco, turcomano, baluchí,paxaí, linguas nuristanís, linguas do Pamir e outras linguas habituais, PAXTÚN e DARÍ SERÁN AS LINGUAS OFICIAIS DO PAÍS. En áreas onde a maioría do pobo fale nalgunha das linguas usbeca, turcomana, paxaí, linguas nuristanís ou linguas do Pamir, calquera das linguas xa mencionada ademais do paxtún e o darí, será a terceira lingua oficial e o seu uso será regulado pola lei. O estado deseñará e aplicará programas eficaces para educar e promover tódalas linguas do Afganistán. O uso de tódalas linguas habituais no país será libre nas publicacións de prensa e medios de comunicación. A terminoloxía administrativa académica e nacional e o uso no país serán conservados"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]