Imprenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Composición con caracteres móbiles metálicos

A imprenta é un conxunto de tecnoloxías que permiten reproducir textos escritos e ilustracións en grandes cantidades sobre soportes planos, xeralmente papel, permitindo a difusión a grande escala. Coa denominación de imprenta referímonos ás distintas técnicas para a produción de impresos, e que abranguen dende a composición dos textos, ata a encadernación, pasando pola propia impresión.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde que a humanidade desenvolveu medios de comunicación (pinturas rupestres, escritura…) buscou darlle persistencia e difusión ás súas obras. Desde os escribas exipcios, ata os monxes copistas medievais, que pasaban os seus días copiando a man obras (relixiosas na súa maioría), a humanidade buscou desde cedo automatizar os seus medios de copia.

En Europa[editar | editar a fonte]

Os primeiros pasos cara a reprodución en serie de escritos e imaxes danse coa madeira: é a xilografía. Tamén se emprega a pedra como soporte: é a litografía. Pero se presenta un problema considerable: un só erro obriga a refacer todo o gravado. Johannes Gensfleisch, máis coñecido polo nome de Gutenberg, ten cara o 1440 a idea de utilizar un procedemento análogo: o uso de caracteres móbiles en chumbo. Atribúese a Gutenberg o nacemento da tipografía moderna, aínda que esta última xa existía en Corea. Segundo a época produciranse dous tipos de obras: os incunables, os primeiros exemplares producidos entre 1450 e 1500, e os libros modernos, producidos pola tipografía e o resto das técnicas máis modernas como a impresión offset ou o rotogravado.

A innovación de Gutenberg en Europa reduciu considerablemente o número de hora-home necesarias para a produción do libro, e polo tanto o coste, permitindo aumentar amplamente a difusión.

Na Galiza[editar | editar a fonte]

A imprenta de Monterrei foi a primeira en imprimir no Reino de Galicia, pois a finais do século XV aparece o Misal auriense.