Lingua bretoa
| Bretón (Brezhoneg) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Bretaña (Francia) | |
| Rexións: | Europa | |
| Total de falantes: | 500.000 a 1,2 millóns [1] | |
| Familia: | Indoeuropea Linguas célticas Linguas britónicas Bretón |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Non é oficial | |
| Regulado por: | sen regulación oficial | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | br | |
| ISO 639-2: | bre (B) | bre (T) |
| ISO 639-3: | bre | |
| SIL: | BRE | |
O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico aparentada máis estreitamente ó galés e ó córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña (Breizh) pero que se está a recuperar e/ou implantar en todo o territorio, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.
A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia[1], influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense[2] nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa[Cómpre referencia] cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.
Índice |
[editar] Dialectos
O bretón divídese en catro dialectos, sendo realmente dialecto o primeiro, pois os outros son denominación territoriais para un mesmo dialecto. Así pois temos:
- o vannetés (gwenedeg), no sur
- o córnico (kerneveg) (non confundir coa lingua de Cornualles), no sudoeste
- o leonés, no noroeste
- o tregorés, no norte
[editar] Táboa lexical comparativa
A seguinte táboa permite comparar as semellanzas lingüísticas entre o bretón, o córnico, o galó, o galego e mailo francés. Nótanse semellanzas de construción entre o bretón e máis o galó: por exemplo, as expresións para o «esquío», kazh-koad e chat-de-boéz, significan «gato de bosque» en ámbalas dúas linguas.
| Córnico | Bretón | Galó | Francés | Galego |
|---|---|---|---|---|
| gwenenenn | gwenanenn | avètt | abeille | abella |
| kador | kador | chaérr | chaise | cadeira |
| keus | formaj | fórmaij | fromage | queixo |
| yn mes | er-maez | desort | dehors | fóra |
| koedha | kouezhañ | cheir | tomber | caer |
| gaver | gavr | biq | chèvre | cabra |
| chy | ti | ostèu | maison | casa |
| gweus | gweuz | lip | lèvre | beizo |
| ganow | genoù | góll | gueule | fociño |
| niver | niver | limerot | nombre | número |
| perenn | perenn | peirr | poire | pera |
| skol | skol | escoll | école | escola |
| gwiwer | gwiñver, kazh-koad | chat-de-boéz | écureuil | esquío |
| sterenn | ster(ed)enn | esteill | étoile | estrela |
| megy | butuniñ | betunae | fumer | fumar |
| hedhyw | hiziv | anoet | aujourd'hui | hoxe |
| whybana | c'hwibanat | sublae | siffler | asubiar |
|
||||||||||||||
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Skolius - Geriadur ar skoliataer
- Histoire de la langue bretonne
- langue-bretonne.com
- Liste de 153 ouvrages pour apprendre le breton (ministère de la Culture)
- Cours de breton en ligne
- Alfredo Pirucha - Versión en bretón da páxina web do artista galego.
| Linguas célticas modernas | ||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ver tamén: Lingüística · Celtas · Países celtas | ||||||||||||||||||||||||||