1 de setembro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ago - Setembro - Out | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 1 de setembro é o 244º día do ano do calendario gregoriano e o 245º nos anos bisestos. Quedan 121 días para finalizar o ano.
31 de agosto < 1 de setembro < 2 de setembro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1513 - Vasco Núñez de Balboa descobre o Océano Pacífico ó que chama Mar do Sur.
- 1870 - Napoleón III réndese fronte o exército prusiano na batalla de Sedan no marco da guerra franco-prusiana.
- 1923 - Un terremoto arrasa Toquio (Xapón), 140.000 mortos.
- 1939 - Alemaña invade Polonia, comeza a II Guerra Mundial.
- 1969 - Muamar Gadafi asume o poder en Libia.
[editar] Nacementos
- 1453 - Gonzalo Fernández de Córdoba, coñecido como O gran capitán. Militar español ó servizo dos Reis Católicos.
- 1653 - Johann Pachelbel, compositor alemán.
- 1863 - João Pinheiro Chagas, primeiro ministro de Portugal (m. 1925)
- 1922 - Vittorio Gassman, actor italiano.
- 1929 - Xosé Ramón Vázquez Sandes, xuíz galego.
- 1942 - António Lobo Antunes, escritor portugués.
- 1957 - Gloria Estefan, cantante cubana.
- 1978 - María Yáñez, xornalista galega
[editar] Mortes
- 1557 - Jacques Cartier, explorador francés.
- 1687 - Henry More, filósofo británico.
- 1715 - Luís XIV, rei de Francia.
- 1838 - William Clark, militar e explorador estadounidense.
- 1970 - François Mauriac, escritor francés, Premio Nobel de Literatura.
- 1981 - Albert Speer, arquitecto e político alemán.
- 1988 - Luis Walter Álvarez, físico norteamericano.
[editar] Festas e celebracións
- San Xil de Casaio, monxe e ermitán.
[editar] Outros
- Santoral: Santo Arturo.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro