Constitución de Weimar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Constitución de Weimar foi unha constitución de Alemaña sancionada en 1919, que estableceu unha república federal con nove estados e a elección dun presidente por votación popular, o cal á súa vez tiña a facultade de elixir ao chanceler para que formase un goberno. O presidente podía disolver o gabinete e vetar as leis do poder lexislativo. As súas facultades incluían a de intervir os estados federais, coa fin de previr problemas de orde social.

A Constitución de Weimar, xunto á Constitución de México sancionada dous anos antes, deron orixe ao constitucionalismo social, que estableceu o Estado de benestar e recoñeceu os dereitos dos traballadores.

A Gran Alemaña[editar | editar a fonte]

A pesar de todo o poder do presidente, a República de Weimar mantivo principios democráticos conservadores. Ademais establecéronse as cores negra, vermella e dourada como símbolos da Gran Alemaña, que en teoría debía incluír a Austria, aínda que isto non se fixo inmediatamente debido a que o tratado de Versalles non o permitía.

A República de Weimar estivo sempre moi ocupada tratando de manter baixo control aos bolxeviques, mentres tanto os socialdemócratas íanse aliando cos veteranos da guerra. A República de Weimar tivo unha votación de 38%, moi boa, pero non era suficiente para emprender accións en contra dos partidos extremistas.

Sentido do Dereito Social[editar | editar a fonte]

A cuestión social, produciuse tras crebar a idea da igualdade social, demostrando que os traballadores vivían nunha situación inferior e deprimida. Isto supuxo que o dereito social se redefinira e se establecera que a xustiza se realiza unicamente no caso de establecerse un tratamento desigual. Foi así, como tanto a Constitución de Weimar como a Organización Internacional do Traballo, en 1919, establecen os principios do dereito social.

Sociais[editar | editar a fonte]

En 1919 estableceuse a constitucionalización e a internacionalización do Dereito social. Mercede ao tratado de Versalles, nace a sociedade de Nacións, que deu orixe á Organización Internacional do Traballo, ademais da promulgación da Constitución de Weimar.

Kapp Putsch[editar | editar a fonte]

Desde 1920 a poboación alemá dividiuse, debido en parte ás fortes reparacións que o pobo debe pagar, tras a derrota na Primeira Guerra Mundial. Ademais, non se realizaron as reformas sociais que esixían os traballadores, o cal conduciu ao desgusto destes. E por último, en marzo de 1920, oficiais de dereita lideraron un golpe militar, coñecido como o Kapp Putsh, que radicalizou aínda máis as opinións tanto da dereita como da esquerda. Tanto foi así, que nas eleccións de xuño, a República de Weimar estaba a perder as eleccións, mentres o partido comunista gañaba cada vez máis popularidade.

A inflación económica chegou a niveis inconcibibles, e ademais os aliados continuaban esixindo as súas reparacións de guerra, sen ter en conta a situación económica de Alemaña. A situación chegou ao momento que en xaneiro de 1923, os exércitos franceses e belga, ocuparon a zona industrial do Rin, o cal obrigo ao goberno de Weimar a ordenar que se paralizase a produción nesta zona como represalia pola invasión. A mediados do mesmo ano, o presidente pediulle ao chanceler que conformase un novo gabinete capaz de solucionar a crise.

O Putsh da Cervexaría de Bavaria[editar | editar a fonte]

Hitler empezou a culpar ao goberno da República de Weimar por asinar o Pacto de Versalles, acusándoos ademais de traidores. Estas acusacións foron utilizadas polo partido, para recrutar a 55.000 militares en 1923, conformados por toda clase de xente, desde campesiños, até veteranos da guerra. Así, realizouse un golpe de estado na cervexaría de Bavaria, co único fin de derrocar ao goberno bávaro. O golpe resultou un fracaso e tivo como resultado o encarceramento de Hitler.

Gran Depresión[editar | editar a fonte]

Terceiro Reich[editar | editar a fonte]

Logo de ser elixido presidente, Hitler transformou a República de Weimar nunha ditadura rexida polos principios racistas do Partido Nacionalsocialista. Creou a Gestapo, e estableceu os Tribunais Populares. Disolveu os sindicatos obreiros e mesmo proscribiu a todos os partidos políticos. Así, foi como Alemaña en xullo de 1933, declarábase nacionalsocialista e monopartidista.

Século XX[editar | editar a fonte]

Foi entre a Primeira e a Segunda Guerras Mundiais que aparecen as primeiras constitucións liberais de orientación social, destacando entre elas a de Weimar. Recibe o nome de Constitución social, debido a que a maioría das políticas establecidas alí, van encamiñadas cara aos dereitos dos menos favorecidos.