Bosque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Bosque de faias en Dinamarca
Para os lugares, véxase O Bosque

Un bosque, ou foresta se é de grande extensión, é unha superficie con gran densidade de árbores. Os bosques encóntranse en tódalas rexións en que é posible o seu crecemento, ata a altitude chamada "a liña das árbores" (liña tope imaxinara a partir da cal non se dá o crecemento, debido ó frío ou a escaseza de osíxeno) e excepto en zonas de baixa pluviosidade ou risco frecuente de incendios forestais. En xeral, os bosques conteñen un gran número de árbores de diferentes especies e alturas combinadas con capas de vexetación baixa, o que proporciona unha eficiente distribución da luz solar.

Os bosques naturais de Galicia pertencen á biorrexión atlántica. Son bosques mixtos caducifolios xeralmente dominados por carballos (carballeiras). Cando estes nosos bosques se achegan aos orixinais ou virxes (bosques primarios), cunha alta biodiversidade e normalmente illados, denomínanse fragas. Por extensión, ás veces o termo fraga é sinónimo de bosque.

Un bosque, na súa forma natural, é o fogar de moitas especies animais e vexetais, e o peso da súa biomasa nun quilómetro cadrado dado é alto, comparado con outros ecosistemas.

A ciencia que estuda os bosques como explotación comercial denomínase silvicultura.

Tipos de bosque [editar]

Os bosques poden ser clasificados de diferentes xeitos e con diferentes graos de especificación. Unha forma é determinar o medio ambiente (ecosistema) no que existen, xunto coa lonxevidade das follas da maioría das árbores (sexan de follas perennes ou caducas). Outra clasificación é pola composición predominante dos bosques, de tipo de folla ancha, coníferas (piñeiros) ou ambos.

  • Os bosques boreais ocupan a zona subártica e son, polo xeral, bosques de árbores con follas perennes, coníferas.
  • Os bosques das zonas tépedas, con árbores caducifolias de folla ancha e árbores perennifolias (coníferas). Nas zonas tépedas cálidas hai árbores perennifolias de follas anchas, incluíndo bosques de loureiros.
  • Os bosques tropicais e subtropicais inclúen os denominados bosques húmidos, os bosques secos e os bosques de coníferas.

A fisionomía (como se ve) clasifica os bosques pola súa estrutura física total ou etapa de crecemento.

Os bosques tamén poden ser clasificados máis especificamente polas especies dominantes presentes, resutando numerosos tipos de bosques.

Dende o punto de vista da súa historia, os bosques poden ser clasificados en:

  • Bosques primarios: os que non sufriron intervencións andróxenas (ex. fraga).
  • Bosques secundarios: os que se rexeneraron despois dun primer corte de árbores, parcial ou total.
  • Bosques artificiais: os que foron plantados polo home, para calquera fin.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]