Hans Geiger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Geiger (1928)

Johannes (Hans) Wilhelm Geiger (Neustadt, Alemaña, 30 de setembro de 1882 - Potsdam, 24 de novembro de 1945), físico alemán. Xunto a Walter Müller desenrolou o contador Geiger.

En 1902, Geiger empezou a estudar física e matemáticas en Erlangen onde doctorouse en 1906. En 1907 empezou a traballar xunto a Ernest Rutherford na Universidade de Mánchester. En 1912 foi nombrado xefe do Instituto de investigación físico-técnica en Berlín. Alí desenrolou, xunto a un de seus estudantes graduados, o contador Geiger.En 1925 foi profesor da Universidade de Kiel ata o ano 1929 , onde seu primeiro estudante graduado foi precisamente Walter Müller.

Foi tamén membro do Club do Uranio na Alemaña nazi, un grupo de científicos alemáns que, durante a Segunda Guerra Mundial, traballaron sen éxito na creación da bomba atómica alemá.

Súa lealtade ao Partido Nazi levoulle a traizoar a diversos colegas xudíos; algúns destes colegas axudaranlle en súas investigacións antes de que se fixera membro do partido nazi.

Morreu en Potsdam uns meses despois de que finalizara a guerra.