Pasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rueda de los alimentos.jpg
Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sudeste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias
Wikibooks: Cookbook
Pasta Tagliatelle

Denomínanse pasta os alimentos preparados a partir dunha masa (a palabra pasta vén do italiano "pasta", que significa masa) cuxo ingrediente básico é a fariña de trigo mesturada con auga, á cal se lle pode engadir sal, ovo ou outros ingredientes, formando un produto que xeralmente é cocido en auga. Comunmente adóitase empregar a especie Triticum durum (trigo duro) na súa elaboración.

Características[editar | editar a fonte]

Pódense atopar diferentes tipos de pasta, fresca ou non, e de diversos tamaños, formas e variedades. Probablemente a máis coñecida é o espaguete. Os macarróns son outro dos tipos de pasta máis coñecidos, estes son de diversos tamaños, aínda que os máis coñecidos son aqueles de forma cilíndrica e ocos.

A pasta tamén fai referencia a calquera tipo de prato no cal o ingrediente principal sexa a propia pasta, servida con salsa de tomate ou calquera outro tipo de salsa.

As pastas secas ao estilo italiano fanse a partir da sémola do trigo duro, o que lle dá unha cor amarela clara e unha textura levemente cauchutosa. A pasta adóitase cociñar ao dente (en italiano: “pequeno bocado”).

Algunhas pastas americanas están feitas dunha mestura de fariña e sémola. Estas pastas adoitan ter un sabor e textura diferentes. Outras pastas como a Pizzoccheri, están feitas de trigo sarraceno. Os Gnocchi adoitan incluírse dentro dos pratos de pasta, aínda que están feitos de distintos ingredientes (principalmente de patacas moídas) e teñen un xeito distinto de preparación.

Xeitos de servir a pasta[editar | editar a fonte]

A forma máis sinxela de servir a pasta é cocida en auga e servida con diferentes mollos e salsas, cun mollo sinxelo, de tomate se se trata dun entrante, ou cun mollo que conteña carne, peixe, vexetais ou mariscos se se trata dun prato principal. O costume dos italianos de botarlle ao mollo queixo relado, converteuse nun hábito universal, sendo moi popular hoxe en día.

Outra forma sinxela de servir a pasta, principalmente as de pequeno tamaño, é nas sopas. Ou guisada, se esta se fai dentro do mollo.

Os macarroni and cheese, son un dos pratos de pasta máis apreciados nos Estados Unidos. Fanse ao forno con queixo fundido ao forno enriba da pasta.

Existen outros pratos de pasta feitos ao forno, como a lasaña (lasagna) e os canelóns (cannelloni).