Física moderna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A física moderna comeza a principios século XX, cando o alemán Max Planck, investiga sobre o "cuanto" de enerxía, Planck dicía que eran partículas de enerxía indivisibles, e que estas non eran continuas como o dicía a física clásica, por iso nace esta nova póla da física que estuda as manifestacións que se producen nos átomos, os comportamentos das partículas que forman a materia e as forzas que as rexen. (Tamén se lle chama física cuántica).

Nos temas anteriormente tratados, a física clásica non servía para resolver os problemas presentados, xa que estes baseábanse en certezas e a física moderna en probabilidades, o cal lle custou adaptarse aos físicos da época.

En 1905, Albert Einstein, publicou unha serie de traballos que revolucionaron a física daquel entón, que trataban de "A dualidade onda-partícula da luz", "A teoría da relatividade" entre outros, ademais, anos máis tarde descóbrese por medio de telescopios a existencia doutras galaxias, a superconductividade, o estudo do núcleo do átomo, e outros, logran que anos máis tarde, xurdisen avances tecnolóxicos, como a invención do televisor, os raios X, o radar, a fibra óptica, o computador etc.

A misión final da física actual, é comprender a relación que existe entre as forzas que rexen a natureza: a gravidade, o electromagnetismo, a enerxía nuclear forte e a nuclear feble. Comprender e lograr unha teoría de unificación, para así poder entender o universo e as súas partículas.

Case todo o suscitado no século XIX, foi posto en dúbida e ao final foi substituído durante o século XX, deste mesmo xeito pode acontecer actualmente ao existiren investigacións máis complexas, e novos coñecementos que se irán adquirindo ao longo do presente século.

En si, encárgase dos fenómenos que se producen á velocidade da luz ou valores próximos a ela ou cuxas escalas espaciais son da orde do tamaño do átomo ou inferiores.