Heinrich Böll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heinrich Böll
Heinrich Böll
Busto de Heinrich Böll en Berlín
Nacemento: 1917
Colonia Flag of Germany.svg Alemaña
Falecemento: 1985
Nacionalidade: Alemá Alemaña
Ocupación: Escritor

Heinrich Theodor Böll, nado en Colonia en 1917 e finado en 1985, foi un dos escritores alemáns máis importantes do século XX. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1972.

[editar] Traxectoria

Böll naceu no seo dunha familia católica liberal e pacifista. Foi educado nun colexio católico e conseguiu eludir a entrada nas Mocidades Hitlerianas na década de 1930. Traballou como axudante de libreiro e en 1939 matriculouse en filoloxía alemá na Universidade de Colonia. O comezo da Segunda Guerra Mundial impediu a realización os seus estudos ao ter que servir coa Wehrmacht. Participou en accións militares en Francia, Romanía, Hungría e a Unión Soviética. Foi ferido catro veces antes de ser capturado polos americanos en abril de 1945 e enviado a un campo de internamento.

Publicou a súa primeira novela, Der Zug war pünktlich, en 1949. Böll forma parte do Grupo 47, no que tamén están Günter Grass ou Ingeborg Bachmann. As súas obras máis coñecidas son Billard um halb zehn ("Opinións dun pallaso"). As súas primeiras novelas tratan da consecuencia da guerra e dos seus efectos materiais e psicolóxicos para o alemán corrente. Foi traducido a máis de 30 linguas e é un dos autores alemáns máis lidos internacionalmente.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas