Ludwig Mies van der Rohe
Ludwig Mies van der Rohe, nado en 1886 e finado en 1969) é un arquitecto alemán considerado un dos principais nomes da arquitectura do século XX. Foi mestre da Bauhaus e un dos formadores do que se coñece por International style.
Mies van der Rohe posuía unha arquitectura sempre vinculada ao racionalismo espacial. A súa concepción dos espazos arquitectónicos envolvía unha profunda depuración da forma, supeditada sempre ás necesidades do lugar. Ese minimalismo exprésase nunha das súas máis famosas frases: "Menos é máis."
Espazos abertos ou transparentes predominan nos seus proxectos, usando sempre materiais como o vidro e o metal.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formación [editar]
Mies van der Rohe naceu en Aachen, Alemaña no 27 de marzo de 1886. De novo, traballou na empresa de súa familia antes de viaxar a Berlín e xuntarse co estudio de Bruno Paul. En 1908 ingresa no estudio do proto-modernista Peter Behrens, do cal se torna un discípulo. Alí permaneceu ata 1912.
Os primeiros proxectos de van der Rohe amosaban a profunda influencia do antigo mestre: demostraba control das novas posibilidades estruturais permitidas polo avance tecnolóxico e pregaba un novo tipo de clasicismo prusiano.
Co tempo, pasa a recibir influencias do neoplasticismo (formado en 1917) e do construtivismo ruso, o que fai xerminar nel o espírito modernista. O uso do metal e do vidro xa se tornan unha marca de súa arquitectura. Entre 1918 e 1925 participa no Novembergruppe, un grupo de arquitetos dedicados á propagación da Arquitectura Moderna.
Bauhaus [editar]
Xa ligado á nova arquitectura, van der Rohe é convidado a ensinar na Bauhaus, fundada polo seu colega Walter Gropius. En 1930 sucede a Hannes Meyer na dirección da escola, e vese obrigado a desprazarse a Berlín debido ó cerco nazi en 1933.
É dese período o seu proxecto máis famoso, o pavillón alemán da Feira Universal de Barcelona: unha estrutura bastante leve, sustentada por delgados piares metálicos e constituído esencialmente de planos verticais e horizontais. Logo da exposición o pavillón foi demolido, mais a súa importancia foi tal que voltou a ser construído na década de 1990 coma homenaxe ó arquitecto e símbolo do modernismo.
Estados Unidos [editar]
Coa persecución nazi cada vez máis forte, Mies vese obrigado a saír da Alemaña. Pasa a vivir nos Estados Unidos en 1937, destino común dos exilados alemáns. Neste país desenvolve pesquisas coma rañaceos e proxecta, xunto con Philip Johnson o edificio-sede da Seagrams (entón o edificio máis alto do mundo) en Nova York, considerado marco do funcionalismo. Neste proxecto, Rohe revoluciona o patrón construtivo neoiorquino ó deixar a metade do terreo libre para uso público e converter o edificio nunha leve torre de vidro.
Proxecta tamén o Departamento de Arquitectura Instituto de Tecnoloxía de Illinois en Chicago, escola cuxo programa é desenvolvido por el e da cal se torna director.
Mies van der Rohe faleceu en Chicago, Illinois o 17 de agosto de 1969.
Principais proxectos [editar]
- 1926 - Monumento a Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo - Moscova, URSS
- 1927 - Colonia Weissenhoff - Sttutgart
- 1928 - Villa Lange - Krefeld
- 1929 - Pavillón alemán na Feira Universal de Barcelona - España
- 1930 - Villa Tugendhat - Checoslovaquia
- 1930 a 1956 - Campus do Illinois Institute of Technology - Chicago, EEUU
- 1945 - Residencia Farnsworth, EEUU
- 1958 - Edificio Seagram - Nova York, EEUU, 1958 (con Philip Johnson)