Albrecht Dürer
| Albrecht Dürer | |
|---|---|
Autorretrato (1500) |
|
| Nacemento | 21 de maio de 1471 |
| Lugar de nacemento | Nuremberg |
| Morte | 6 de abril de 1528 |
| Lugar de morte | Nuremberg |
| Nacionalidade | |
| Eido | Técnica de impresión pintura |
| Traballos | O cabaleiro, a morte e o diaño Rinoceronte de Dürer |
Albrecht Dürer, nado o 21 de maio de 1471 e finado o 6 de abril de 1528, foi un pintor, gravador e matemático alemán. As súas impresións estableceron a súa reputación por toda Europa cando aínda non cumplira os 30 anos, e foi tradicionalmente considerado como un dos maiores artistas do renacemento nórdico dende entón. A súa vasta obra inclúe retablos e traballos relixiosos, numerosos retratos e autorretratos e gravados en cobre.
[editar] Traxectoria
Naceu en Nuremberg, as súas obras amplamente coñecidas son a Apocalipse de 1498 e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Paixón (1498–1510) e a Pequena Paixón (1510–1511).
Dürer amosaba un dominio completo das distintas técnicas para o gravado, a fantástica e abundante mitoloxía, a factura minuciosa e detallada na que empregaba unha coidada perspectiva e ricos efectos de luz e sombra.
Como pintor, a súa formación no gótico serodio fixo que amosase unha tendencia á dureza e á expresividade, así como un gran virtuosismo formal, nas súas viaxes a Italia interesouse polas preocupacións teóricas pola perspectiva e as proporcións do corpo humano.