1
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Un (homónimos).
| Calendario gregoriano | 1 I |
| Ab urbe condita | 754 |
| Calendario armenio | N/A |
| Calendario chinés | 2697 – 2698 |
| Calendario hebreo | 3761 – 3762 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
56 – 57 N/A 3102 – 3103 |
| Calendario persa | 621 BP – 620 BP |
| Calendario musulmán | 640 BH – 639 BH |
| Calendario rúnico | 251 |
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Bohemia - Moravia - Silesia
- O príncipe dos marcomanos, Marbod, funda o primeiro reino independente dos xermanos de Bohemia, Moravia e Silesia. Marbod posúe unha facultade para a estratexia e a táctica, con iso consegue poñer en pé de guerra a máis de 70.000 soldados de infantería e 4.000 xinetes. O seu reino convértese nunha ameaza para Roma e as súas aspiracións hexemónicas e expansionistas.
[editar] Breves
- Co emperador Ping principia a era Yuanshi da dinastía Han en China. Segundo outros historiadores, neste ano morre o emperador Ping Ti e sube ao poder, Wang Mang, (que fora ministro da guerra de Ping dende 8 a. C.), acusado de haber ordenado o asasinato do primeiro.
- Confucio, recibe, a título póstumo, o seu primeiro título real: Señor de Baochengxun Ni.
- Introdúcese o Budismo en China.
- A seda fai a súa aparición en Roma.
- De acordo co Evanxeo segundo San Mateo tivo lugar o Masacre dos inocentes.
- Gaio César é elixido cónsul romano.
- Ovidio escribe As metamorfoses.
- Augusto nomea a Ariobazano II como rei de Armenia.
- Estimase os comezos da civilización mochica no norte de Perú.
- Probable estimación na que os hindú-budistas do sueste de Asia comezan a colonizar Sumatra e Xava; citada colonización non rematará ata finais de século.
[editar] Nacementos
- Nacemento de Xesús segundo a igrexa católica, baseada en cálculos realizados por Dionisio, o Exiguo.
- Data aproximada do nacemento de Lucio Anneo Séneca, filósofo hispano-romano (m. 65).
[editar] Mortes
[editar] Outros
[editar] Imperio Romano
- Ao longo de todo o século I fanse máis notables os acuedutos. Para levar auga potable, moitas cidades do imperio romano tiñan que traela dende distancias a miúdo considerables. O máis antigo acueduto de Roma fora construído por Apio Claudio Caecus (no ano 312 a.C.). Estas primeiras conducións aproveitaban o simple sistema do desnivel, polo que case sempre os construtores tiñan que afrontar grandes dificultades. Os vales eran salvados con canalizacións tendidas sobre a ponte; desta maneira evitábase que a presión da auga fose forte. Os acuedutos romanos eran obras mestras da arquitectura técnica. Co fin de logra-la altitude e estabilidade desexada, poñíanse varios pisos de arcadas; polo que os arcos, superpostos, apuntalábanse na construción xa que aínda non se dominaba a técnica dos piares de grande altitude.