Düsseldorf
Düsseldorf é a capital do estado (Bundesland) de Renania do Norte-Westfalia. É, tras Colonia, a terceira cidade en tamaño de Nordrhein-Westfalen, cunha poboación de uns 583.000 habitantes (2008). Está á beira do río Rhin.
Índice |
[editar] Arredores
[editar] Transportes
[editar] Estradas e ferrocarril
Düsseldorf está ligado con o sistema de autoestradas Autobahn alemán. Cinco destas cruzan a cidade ou pasan xunto dela. A estación principal de ferrocarril de Düsseldorf conta con os servizos do InterCityExpress e máis do InterCity, que forman parte da rede de longas distancias do servizo de ferrocarril alemán ou Deutsche Bahn. Ademais conta con interurbano S-Bahn, liña que comunica Düsseldorf con outras cidades da área Rhine-Ruhr. Dentro da cidade conta co tren lixeiro denominado Stadtbahn e unha rede de autobuses. O Stadtbahn liña U79, tamén chamado D-Bahn, conecta coa cercana cidade de Duisburgo, con servizo conxunto do Rheinbahn de Düsseldorf. Todos S-Bahn, Stadtbahn e liñas de buses operan baixo control da sociedade de transportes VRR.
[editar] Aeroporto
Nas lindes da cidade Düsseldorf, conta co aeroporto do Rhein-Ruhr ou „ Aeroporto Internacional de Düsseldorf“, a só sete minutos por ferrocarril da estación principal da cidade (Düsseldorf Hauptbahnhof), na que existe unha liña directa co aeroporto.
[editar] Universidades
Düsseldorf acolle a Universidade de Düsseldorf. Conta con cerca de 16.000 estudantes.
[editar] Está irmandada con
Reading, Reino Unido
Haifa, Israel
Chemnitz, Alemaña
Varsovia, Polonia
Moscova, Rusia
Chongqing, China