Dortmund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dortmund
Bandeira de Dortmund Escudo de Dortmund
Bandeira Escudo
Fotografía de Dortmund
Estado Alemaña Alemaña
Land Bandeira de Baviera Renania do Norte-Westfalia
Rexión Bandeira de Baviera Arnsberg
Nome
Alemán Dortmund
Baixo alemán Düörpm
Xeografía
Superficie 280,42 km²
Altitude 76 m
Poboación
Poboación 580.444 (2010)
Densidade 2.069,91 hab/km²
Información
Código postal 44135–44388
Teléfono 0231, 02304
Alcalde Ullrich Sierau (SPD)
Matrícula DO
Situación
tipo mapa de Dortmund
www.dortmund.de

Dortmund (en baixo alemán: Düörpm) é unha cidade do estado (Bundesland) de Renania do Norte-Westfalia, na área do Ruhr. A súa poboación a 31 de decembro de 2010 era de 580.444 habitantes, facéndoa a sétima cidade máis poboada de Alemaña e a trixésimo cuarta da Unión Europea.

O río Ruhr flúe cara ao sur da cidade, e o regato Emscher a través da área municipal. A canle de Dortmund-Ems termina na cidade, no porto de Dortmund, o maior porto da canle europeo, ligando a Dortmund co Mar do Norte. Dortmund é coñecida popularmente como a "metrópole verde" de Westfalia. Case a metade do territorio municipal componse de cursos de auga, bosques, agricultura e espazos verdes, con amplos parques como o Westfalenpark e o Rombergpark. Isto contrasta cos case cen anos de extensiva minería do carbón e fresado do aceiro dentro dos límites da cidade.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas