Fragas, Campo Lameiro
Coordenadas: 42°31′28″N 08°33′27″W / 42.52444°N 8.5575°W
| Fragas | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Campo Lameiro |
| Área | - km² |
| Poboación | 658 hab. (2004) |
| Entidades de poboación | 7 |
Santa Mariña de Fragas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 658 habitantes (338 mulleres e 320 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 693 habitantes.
Índice |
Patrimonio [editar]
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Fragas conserva a fachada románica (do século XII), estando completamente reformado o resto do templo. Sobre a porta existe un sinxelo tímpano no que se representa a un bispo bendicindo ós fieis, acompañado dunha figura cunha cruz e outra cos evanxeos.
No territorio desta parroquia atópase un dos numerosos complexos de petróglifos que existen en Campo Lameiro. Denomínase a Pedra da Boullosa e posúe abondosas insculturas de animais (entre os que destaca unha serpe de case 5 metros de lonxitude), círculos e cazoletas. Tamén pode verse unha figura humana cun pau na man dereita.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Fragas, Campo Lameiro.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Fragas [editar]
| Lugares da parroquia das Fragas no concello de Campo Lameiro | |
|---|---|
|
Cerdeiras | Fontenla | Gargallóns | A Laxe | Mullerboa | Reboredo | Redonde |
Parroquias de Campo Lameiro [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Campo Lameiro | |
|---|---|
|
O Campo (San Miguel) | O Couso (San Cristovo) | Fragas (Santa Mariña) | Moimenta (Santa María) | Montes (San Isidro) | Morillas (Santiago) |