Borussia Mönchengladbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borussia Mönchengladbach
Nordpark Stadion Borussia Mönchengladbach.jpg
Nome Borussia VfL 1900
Mönchengladbach e.V.
Alcume(s) Die Fohlen (Os poldros)
Fundación 1 de agosto de 1900
Estadio Borussia-Park, Mönchengladbach
Flag of Germany.svg Alemaña
Inauguración 30 de xullo de 2004
Capacidade 54.057
Presidente Flag of Germany.svg Rolf Königs
Adestrador Civil Ensign of Switzerland.svg Lucien Favre
Liga 1. Bundesliga
2011–12
Vestimenta Lotto
Patrocinador Deutsche Postbank
Páxina web www.borussia.de
Na casa
Fóra

O Borussia Mönchengladbach é un equipo de fútbol alemán da cidade de Mönchengladbach, en Renania do Norte-Westfalia. Fundouse en 1900 e actualmento xoga na 1. Bundesliga.

Historia[editar | editar a fonte]

O club nun inicio chamouse Turnverein Germania 1889. Posteriormente pasa a chamarse VfTuR 1889 M.Gladbach. Pero, por desgraza súa, o club participou na Bundesliga por vez primeira en 1965, aínda que en 1960 conquistara o seu primeiro título nacional: a Copa de Alemaña.

Os éxitos volveron en 1970, gañando a súa primeira liga. Desde ese ano ata 1979 consolidouse como un dos clubs máis exitosos da súa historia, tanto nacional como internacionalmente. Gañou cinco ligas, tres copas (unha destas últimas foi en 1995), máis a Copa da UEFA, trofeo que o gañou en 1975 e en 1979. Ademais, disputou a final da Copa de Europa en 1977, que acabou perdendo ante o Liverpool. Ao ano seguinte o Borussia Mönchengladbach representou á UEFA en calidade de subcampión da Copa de Europa na Copa Intercontinental debido a que o Liverpool non quixo disputala. Foi derrotado polo club arxentino Boca Juniors.

Logo de sumar actuacións máis ben modestas (terminando desde o 3° ata o 15°, nalgunhas tempadas) e de gañar o seu terceiro título copeiro, en 1999 descende á segunda división alemá. O ascenso non o conseguiría senón ata o final da tempada 2000/01, culminando segundo nesa categoría.

Na tempada 2006-2007 o club descendeu á segunda división. En 2007-2008 finalizou en primeiro lugar da táboa, por iso é polo que ascendeu de novo.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca cunha franxa vertical negra e verde no seu lado esquerdo, pantalón branco, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde escuro, pantalón verde escuro, medias verde escuro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]