Georg Wilhelm Friedrich Hegel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Filosofía occidental
Século XIX
Hegel.jpg
G.W.F. Hegel.

Nome

Georg Wilhelm Friedrich Hegel

Nacemento

27 de agosto de 1770
Stuttgart, Baden-Württemberg, Alemaña Alemaña

Morte

14 de novembro de 1831
Berlín, Alemaña Alemaña

Filosofía

Idealismo alemán
Historicismo

Principais intereses

Lóxica, metafísica, estética, filosofía da historia

Ideas salientables

Dialéctica, idealismo absoluto

Influencias

Aristóteles, Platón, Descartes, Goethe, Spinoza, Leibniz, Rousseau, Böhme, Kant, Fichte, Hölderlin, Vico,

Influenciou a

Adorno, Badiou, Bakunin, Barth, Bataille, Bauer, Baur, Bookchin, Bosanquet, Bradley, Brandom, Breton, Butler, Kojève, Koyré, Küng, Lacan, Lewes, Lenin, Lévi-Strauss, Lotze, Lukács, Marcuse, Malabou, Marx, Unger, Vygotsky, Zeller, Žižek, Schleicher, Singer, Stirner, David Strauss, Strauss

Sinatura

Hegel Unterschrift.svg

Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831, foi un filósofo alemán.

Recibiu a súa formación no Tübinger Stift (seminario da Igrexa Protestante en Württemberg), onde trabou amizade có futuro filósofo Friedrich Schelling. Fascinárono as obras de Spinoza, Kant e Rousseau, así coma a Revolución Francesa. Consideran moitos que Hegel representa a cume do movemento alemán do idealismo filosófico, que habería de ter un impacto profundo no materialismo histórico de Karl Marx.[1]

Formación[editar | editar a fonte]

Hegel asistiu ao seminario de Tubinga co poeta épico Friedrich Hölderlin e o idealista obxectivo Schelling. Os tres estiveron atentos ao desenvolvemento da Revolución Francesa e colaboraron nunha crítica das filosofías idealistas de Immanuel Kant e do seu seguidor, Fichte.

Obra[editar | editar a fonte]

A primeira e máis importante das obras maiores de Hegel é a súa Fenomenoloxía do Espírito. Durante a súa vida publicáronse tamén a Enciclopedia das ciencias filosóficas, a Ciencia da lóxica e os (Elementos da) Filosofía do dereito. Varias obras máis sobre a filosofía da historia, relixión estética e a historia da filosofía recompiláronse a partir dos apuntes dos seus estudantes e publicáronse de xeito póstumo.

Teoría[editar | editar a fonte]

As obras de Hegel teñen fama de difíciles pola amplitude dos temas que pretenden abarcar. Hegel introduciu un sistema para entender a historia da filosofía e o mundo mesmo, chamado acotío "dialéctica": unha progresión na que cada movemento sucesivo xorde como solución das contradicións inherentes ao movemento anterior. Por exemplo, a Revolución Francesa constitúe para Hegel a introdución da verdadeira liberdade ás sociedades occidentais por vez primeira na historia escrita.

Non obstante, precisamente pola súa novidade absoluta, é tamén absolutamente radical: por unha parte, o aumento abrupto da violencia que fixo falta para realizar a revolución non pode deixar de ser o que é, e por outra parte, xa consumiu ao seu opoñente. A revolución, por conseguinte, xa non ten onde volver máis que ao seu propio resultado: a liberdade conquistada con tantas penurias é consumida por un brutal Reinado do Terror. A historia, non obstante, progresa aprendendo dos seus propios erros: só despois desta experiencia, e precisamente por ela, pode postularse a existencia dun Estado constitucional de cidadáns libres, que consagra tanto o poder organizador benévolo (supostamente) do goberno racional e os ideais revolucionarios da liberdade e da igualdade.

Nas explicacións contemporáneas do hegelianismo a dialéctica de Hegel a miúdo aparece fragmentada[Cómpre referencia], por comodidade, en tres momentos chamados "tese" (no noso exemplo, a revolución), "antítese" (o terror subseguinte) e "síntese" (o estado constitucional de cidadáns libres). Así e todo, Hegel non empregou persoalmente esta clasificación en absoluto; crearaa anteriormente Fichte na súa explicación máis ou menos análoga da relación entre o individuo e o mundo. Os estudosos serios de Hegel non recoñecen[Cómpre referencia], en xeral, a validez desta clasificación.

Hegel valeuse deste sistema para explicar toda a historia da filosofía, da ciencia, da arte, da política e da relixión, pero moitos críticos modernos sinalan que Hegel a miudo parece pasar por alto as realidades da historia a fin de facelas encaixar no seu molde dialéctico. Karl Popper, crítico de Hegel en A sociedade aberta e seus inimigos, opina que o sistema de Hegel constitúe unha xustificación tenuemente velada do goberno de Federico Guillerme III e que a idea hegeliana de que o obxectivo ulterior da historia é chegar a un Estado aproximado ó da Prusia do decenio de 1831. Esta visión de Hegel como apólogo do poder estatal e precursor do totalitarismo do século XX foi criticada minuciosamente por Herbert Marcuse en Razón e revolución: Hegel e o xurdimento da teoría social, argumentando que Hegel non foi apólogo de ningún Estado nin forma de autoridade simplemente porque estes existiran; para Hegel, o Estado debe ser sempre racional. Arthur Schopenhauer desprezou a Hegel polo historicismo deste e tachou a obra de Hegel de pseudofilosofía.

Seguidores[editar | editar a fonte]

Trala morte de Hegel, os seus seguidores dividíronse en dous campos principais e contrarios. Os hegelianos de dereita, discípulos directos de Hegel na Universidade de Berlín, defenderon a ortodoxia evanxélica e o conservadorismo político do período posterior á restauración napoleónica.

Os de esquerda viron a ser chamados hegelianos xoves e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao ateísmo na relixión e á democracia liberal na política. Entre os hegelianos de esquerda atópanse Bruno Bauer, Ludwig Feuerbach, David Friedrich Strauss, Max Stirner e, o máis famoso, Karl Marx. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade anarquista do egoísmo de Stirner e á versión marxista do comunismo.

No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reavaliación como proxenitor filosófico do marxismo por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel aportou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son Herbert Marcuse, Theodor Adorno, Ernst Bloch, Alexandre Kojève e Gotthard Günther. O renacemento de Hegel tamén puxo de relevo a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da Fenomenoloxía do espírito.

Obras principais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Hegel Myth and Its Method", en From Shakespeare to Existentialism: Studies in Poetry, Religion, and Philosophy por Walter Kaufmann, Beacon Press, Boston 1959, páxinas 88-119

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georg Wilhelm Friedrich Hegel

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]