Irán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
جمهوری اسلامی ایران
Yomhūrī-ye Eslāmī-ye Īrān
República Islámica de Irán
Bandeira de Irán Emblema de Irán
Bandeira Emblema
Lema: Esteqlāl, āzādī, jomhūrī-ye eslāmī
(persa: «Independencia, Liberdade, República Islámica»)
Himno nacional: Sorood-e Melli-e Jomhoori-e Eslami
 
Iran (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Teherán
11.931.656 (2004)
Cidade máis poboada Teherán
Linguas oficiais
Persa
Forma de goberno República islámica
Alí Jamenei
Hassan Rouhani
Instauración da
República Islámica
1 de abril de 1979
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 17º
1.648.195 km²
0,7
5.440 km
2.440 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 18º
75.149.669 (censo 2011[1])
46 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 32º
US$ 212.492 mill.
US$ 3.046 (2006)
PIB (PPA)
 • Total ([[2006]])
 • PIB per cápita
Posto 21º
USD 601.675 mill.
USD 8.624 (2006)
IDH n/d
Moeda Rial iraniano ((ريال), IRR)
Xentilicio Iraniano, iraniana[2]
Fuso horario (UTC+3.30)
Dominio de Internet .ir
Prefixo telefónico +98
Prefixo radiofónico 9BA-9DZ, EPA-EQZ
Código ISO 364 / IRN / IR
Membro de: OPEP, ONU
Tódolos países do mundo

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia,[3] e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental.[4][5][6] Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1.648.195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo.[4][7] É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo,[8][9] que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión.[10] Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento.[11] O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Irán.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Irán.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Provincias de Irán.

Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior do Irán, e suxeito a aprobación do goberno.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Irán.

A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas doutras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.

As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a o-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.

O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.

As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Irán.
Vista dende satélite de Teherán

A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía do Irán.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura do Irán.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Selected Findings of the 2011 National Population and Housing Census
  2. Definición de iraniano - Dicionario da Real Academia Galega
  3. D. N. Mackenzie (15 de decembro de 1998). "Ērān, Ērānšahr". Encyclopaedia Iranica. iranicaonline.org. http://www.iranicaonline.org/articles/eran-eransah. Consultado o 25 de agosto de 2010.
  4. 4,0 4,1 "Iran Country Profile". BBC NEWS. http://www.bbc.co.uk/news/world-middle-east-14541327.
  5. ""CESWW" – Definition of Central Eurasia". Cesww.fas.harvard.edu. http://cesww.fas.harvard.edu/ces_definition.html. Consultado o 1 de agosto de 2010.
  6. "Iran Guide". National Geographic. 14 de xuño de 2013. http://travel.nationalgeographic.com/places/countries/country_iran.html. Consultado o 21 de xuño de 2013.
  7. "Iran". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica. 2012. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/293359/Iran. Consultado o 8 de agosto de 2012.
  8. Christopher A Whatley (2001). Bought and Sold for English Gold: The Union of 1707 (Tuckwell Press, 2001)
  9. Lowell Barrington (xaneiro de 2012). Comparative Politics: Structures and Choices, 2nd ed.tr: Structures and Choices. Cengage Learning. p. 121. ISBN 978-1-111-34193-0. http://books.google.com/books?id=yLLuWYL8gTsC&pg=PA121. Consultado o 21 de xuño de 2013. "Ó igual que a China, Irán é o fogar dunha das civilizacións máis antigas do mundo"
  10. Encyclopædia Britannica. "Encyclopædia Britannica Encyclopedia Article: Media ancient region, Iran". Britannica.com. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/372125/Media. Consultado o 25 de agosto de 2010.
  11. David Sacks, Oswyn Murray, Lisa R. Brody; Oswyn Murray, Lisa R. Brody (2005). Encyclopedia of the ancient Greek world. Infobase Publishing. pp. 256. ISBN 978-0-8160-5722-1. http://books.google.com/?id=gsGmuQAACAAJ.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irán

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]