Karlsruhe
| Karlsruhe | |
|---|---|
| Escudo | Mapa |
| Situación | |
| Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
| País | |
| Estado federal | Baden-Württemberg |
| Rexión administrativa | Karlsruhe |
| Comarca (Landkreis) | Distrito Urbano de Karlsruhe |
| Xeografía | |
| Altitude | 118 m |
| Área | 173,46 km² |
| Poboación (2007) | 288.917 hab. |
| Densidade | 1.666 hab./km² |
| Política | |
| Alcalde (Bürgermeister) | Heinz Fenrich |
| Partido gobernante | CDU |
| Páxina web | www.karlsruhe.de |
Karlsruhe é unha cidade do sueste de Alemaña cunha poboación de 288.917 habitantes, no Bundesland de Baden-Württemberg, localizada preto da fronteira con Francia.
Fundada en 1715 coma o Pazo de Karlsruhe, arredor da cidade construíronse dous dos máis altos tribunais en Alemaña, o Tribunal Constitucional Federal (Bundesverfassungsgericht) cuxas decisións teñen forza de lei, e o Tribunal Federal de Xustiza (Bundesgerichtshof), o máis alto tribunal de apelacións en materia de dereito civil e dereito penal. Polo tanto é considerada o berce da xustiza en Alemaña.
Índice |
Historia [editar]
A cidade foi fundada en 1715 polo Markgraf (marques) Carlos Guillerme de Baden-Durlach, convertíndose en 1806 na residencia do Gran Ducado de Baden no marco da Confederación do Rin. En 1918, coa Revolución de Novembro a cidade convértese en capital do estado libre de Baden, perdendo o seu estatuto de cidade libre tralo final da Segunda Guerra Mundial en 1945 Karlsruhe perde o seu estatuto de cidade libre.
En 1950 instálase en Karlsruhe a corte de casación da RFA e é incorporada ao novo estado de Baden-Württemberg en 1952. En 1977, o fiscal federal xeral Siegfried Buback é asasinado pola Fracción do Exército Vermello na cidade.
Economía [editar]
Esta cidade, coma o resto de Baden-Württemberg, posúe un dos máis altos niveis de riqueza económica na Unión Europea (UE).
Lugares de interese [editar]
- Castelo de Karlsruhe.
- Castelo de Gottesauer.
- Castelo Turmberg.
- Pirámide de Karlsruhe.
- Igrexa da Cidade.
- Pazo do Príncipe Max.
Museos [editar]
- Zentrum für Kunst und Medientechnologie (ZKM)
- Staatliche Kunsthalle Karlsruhe.
- Badisches Landesmuseum im Schloss Karlsruhe.
- Staatliches Museum für Naturkunde.
- Majolika-Manufaktur.
Educación [editar]
A cidade conta con varios centros de educación superior: Universidade de Karlsruhe (TH), Hochschule für Musik Karlsruhe, HS Karlsruhe, PH Karlsruhe, Hochschule für Gesltaltung Karlsruhe (HfG) e Akademie der Künste Karlsruhe (AKKA). Destaca tamén o Federal Research Institute of Nutrition and Food Max Rubner.
Xeografía [editar]
Barrios [editar]
- Innenstadt-Ost
- Innenstadt-West
- Südstadt
- Südweststadt
- Weststadt
- Nordweststadt
- Oststadt
- Mühlburg
- Daxlanden
- Knielingen
- Grünwinkel
- Oberreut
- Beiertheim-Bulach
- Weiherfeld-Dammerstock
- Rüppurr
- Waldstadt
- Rintheim
- Hagsfeld
- Durlach
- Grötzingen
- Stupferich
- Hohenwettersbach
- Wolfartsweier
- Grünwettersbach
- Palmbach
- Neureut
- Nordstadt
|
|||||||||