Psicoloxía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Por psicoloxía pódese entender:

  1. Ciencia que estuda a mente nos diferentes estados de consciencia, o comportamento e as sensacións do individuo. Fixéronlle un test psicolóxico para saber o grao de intelixencia.
  2. Xeito de sentir, pensar ou actuar dunha persoa ou grupo. Presentaron un ensaio sobre a psicoloxía infantil.

Este artigo trata a primeira acepción.

Índice

[editar] Os Métodos en Psicoloxía

Desde a súa xénese como disciplina, a Psicoloxía viuse na necesidade de axustarse á metodoloxía inductiva empírico-analítica, imperante dende o século XVI. Recordemos que antes dese século a ciencia tíñase desenvolto dentro dunha tradición eminentemente deductiva, onde os fenómenos explicábanse a partir do seu axuste interpretativo coas concepcións filosóficas ou relixiosas do momento.

Se ben é certo que a adscrición da Psicoloxía ó método científico representou un avance significativo, especialmente no concernente ó estudo dos procesos psicofisiolóxicos asociados á percepción, tamén é certo que a descomposición analítica dos fenómenos psíquicos superiores en feitos positivos fai case imposible a súa reestruturación ulterior para a súa cabal comprensión.

O desenvolvemento da ciencia no século XX desmontou a mistificación que tiña creado ó redor do obxecto, pois a teoría da relatividade amosa a interdependencia entre a materia e o movemento, o obxecto e a acción. Nembargantes, observando a esencia dos diferentes métodos de investigación, atopamos que todas as escolas de Psicoloxía usan o esquema estímulo-resposta, independentemente do enfoque que teñan e da aplicación práctica que faigan del; en realidade, as discrepancias xurden a partir da interpretación teórica que os investigadores asignan ós distintos entornos e ás consecuencias.

Vygotski, Wallon e Piaget coinciden no propósito de superar o feito estático que pretende falar por si mesmo e recoñecen que os mesmos fenómenos poden adquirir significacións diferenciadas, segundo sexa a estrutura que os engloba. Ó respecto, Vygotski convoca unha visión xenética da mente, mentres Piaget propón o método Clínico Experimental e Wallon rexeita calquera método que intente introducir modificacións sustanciais na natureza das persoas estudadas.

Sobre a base dunha aproximación dialéctica á análise da historia humana, propónse un novo método de investigación que pretende á análise das funcións psicolóxicas superiores e que está formado por tres principios:

1.- Análise do proceso en oposición á análise do obxecto. 2.- Explicación versus descripción. 3.- O problema da conducta fosilizada.

--

O método exposto máis arriba non é outro que o experimental, que sempre aspira a un nivel explicativo e non descriptivo, máis común de metodoloxías correlacionais Psicoloxía experimental


[editar] Paradigmas da Psicoloxía

[editar] Outros Paradigmas

Psicoloxía Estructuralista Psicoloxía Funcionalista Psicoanálise


[editar] Disciplinas da Psicoloxía

[editar] Principais autores en Psicoloxía

[editar] Instrumentos Psicolóxicos

[editar] Marco Legal

A Psicoloxía non está rexida por un marco legal específico. Atópase encadrada dentro das Ciencias Sociais e Legais, tanto a nivel académico como a nivel laboral. Debido a esta situación os psicólogos que traballan nun ámbito sanitario deben obter a titulación PIR.


[editar] Asociacións Psicolóxicas

[editar] Asociacións Internacionais

  • A.P.A. American Psycological Association.

[editar] Asociacións Iberoamericanas

  • Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia
  • Colegio Oficial de Psicólogos de España
  • Associação Pró-Ordem dos Psicólogos, de Portugal
  • Colegio de Psicólogos de Chile
  • Comité Oficial de Psicología de Colombia
  • Sociedade Brasileira de Psicologia
  • Sociedad Mexicana de Psicología - www.psicologia.org.mx

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns Externas

Ferramentas persoais