Daniel Gabriel Fahrenheit
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1686 Gdańsk, Polonia |
Morte | 16 de setembro de 1736 (50 anos) A Haia, Países Baixos |
Lugar de sepultura | Kloosterkerk (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Lugar de traballo | Ámsterdam (1717–1717) Dinamarca (1708–1708) Ámsterdam (1702–1706) A Haia |
Ocupación | físico, construtor de instrumentos, inventor, químico |
Membro de | Royal Society (1724–) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Fahrenheit, Gabriel Daniel |
Gabriel Fahrenheit, nado en Gdańsk o 24 de maio de 1686 e finado na Haia o 16 de setembro de 1736, foi un físico alemán de quen toma o seu nome a escala Fahrenheit de temperatura.
Autor de numerosos inventos, entre os que caben citar os termómetros de auga (1709) e de mercurio (1714), a achega teórica máis relevante de Fahrenheit foi o deseño da escala termométrica que leva o seu nome, aínda hoxe a máis empregada nos Estados Unidos e ata hai moi pouco tamén no Reino Unido, ata a adopción por este país do sistema métrico decimal.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fahrenheit permaneceu a maior parte da súa vida nos Países Baixos. O falecemento dos seus pais, comerciantes acomodados, cando contaba con tan só 15 anos de idade, propiciou o seu traslado a Ámsterdan, para a época un dos centros máis activos da fabricación de instrumentos científicos. Tras unha viaxe de ampliación de estudos por Alemaña e Inglaterra, así como unha estancia en Dinamarca, en cuxa capital coñeceu a Ole Roemer (1708), foi soprador de vidro en Ámsterdan e comezou a construír instrumentos científicos de precisión.
Escalas termométricas de Celsius, Fahrenheit e nadatorio
[editar | editar a fonte]Fahrenheit deseñou unha escala empregando como referencia unha mestura de auga e sal de cloruro de amonio a partes iguais, cuxa temperatura de conxelación é máis baixa ca da auga e a de ebulición máis alta. Os valores de conxelación e ebulición da auga convencional (o 0 e o 100 da escala Celsius) quedaron fixados en 32 °F e 212 °F, respectivamente. En consecuencia, ao abarcar un intervalo máis amplo, a escala Fahrenheit permite maior precisión ca centígrada á hora de delimitar unha temperatura determinada. En concreto, 180 grados Fahrenheit (212-32) corresponden a 100 grados Celsius; é dicir, ambas as dúas escalas están nunha relación de 9 a 5 e o 0 °C correspóndese con 32 °F; polo tanto, a conversión resulta: F=9C/5 32, C=(F-32)5/9
Publicou estes resultados en 1714, en Acta Editorum. Por entón os termómetros empregaban como líquido de referencia o alcohol e, a partir dos coñecementos que adquirira Roemer da expansión térmica dos metais, Fahrenheit puido substituílo ventaxosamente por mercurio a partir de 1716.