Maio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Abr - Maio - Xuñ | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
Maio (
maio (axuda · info)) é o quinto mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1 de maio: Día internacional dos traballadores, festivo na maior parte dos países do mundo.
- 2 de maio: Sublevamento do 2 de Maio, en Madrid.
- Nos primeiros días de maio (1 ou 3) celébrase a festas dos maios.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas, conmemorando a data de 1863 no que fora a primeira edición do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
[editar] Maio na cultura popular
- Artigo principal: Maio na cultura popular galega.
- Auga en maio, pan todo o ano.
- Día tras día, maio chega.
- En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo.
- En maio, inda a vella queima o tallo.
- Maio fai o trigo, e agosto o viño.
- Maio longo, San Xoán redondo.
- Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
- Maio pardo, San Xoán claro.
- O percebe i o salmón, en maio están en sazón.
- O que en maio se molla, en maio se enxuga.
- O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio.
- Tras de maio vén San Xoán.
- Ata o corenta de maio non te saques o saio.