Guillerme II de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gullerme II de Alemaña

Guillerme II (Wilhelm II en alemán), nado como Friedrich Wilhelm Viktor Albrecht von Hohenzollern en Berlín o 27 de xaneiro de 1859 e finado en Doorn (Países Baixos) o 4 de xuño de 1941, foi o último emperador alemán (Káiser) e o último rei de Prusia. Gobernou entre 1888 e 1918. Era fillo primoxénito de Federico III e da princesa Vitoria, Princesa Real do Reino Unido. Foi proclamado emperador tralo breve reinado do seu pai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Impaciente por desenvolver un papel político de seu, forzou a dimisión de Bismark e, desexoso de atraerse ao proletariado, iniciou unha serie de reformas que, finalmente fracasaron. Para manter o desenvolvemento económico alemán, emprendeu unha política expansionista fóra de Europa, a súa influencia foi moi notable no Imperio Otomán. En Europa, non renovou o tratado con Rusia (1890) e mantivo a súa alianza con Austria e Italia (ambos os tres países formaron a Tripla Alianza). Seguiu unha política vacilante con respecto a Francia e Gran Bretaña, o que motivou diversas crises internacionais (Tánxer 1905, Agadir 1911). Obrigado polos seus compromisos con Austria-Hungría, declarou trala crise de Saraievo (1914) a guerra a Rusia e Francia. Ao finalizar dita guerra e trala derrota de Alemaña, o novo goberno alemán obrigouno a abdicar e a súa negativa desencadeou unha revolución polo cal se refuxiou nos Países Baixos. Máis tarde o goberno neerlandés denegou a súa extradición a Alemaña e morreu alí, en Doorn no ano 1941.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guillerme II de Alemaña