Hamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
حركة المقاومة الاسلامية
Harakat al-Muqáwama al-Islamiya
Movemento de Resistencia Islámico
Partido político de Palestina
Dirixentes e organización
LíderKhaled Mashaal
Ismail Haniyah
Mahmoud Zahar
Historia
Fundación1987
Posicións políticas
IdeoloxíaIslamismo
Nacionalismo palestino
Antisionismo
Outros datos
SedeGaza
Na rede
https://hamas.ps

Hamas[1][2] (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina.

Hamas fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios. En xaneiro de 2006 accedeu ao goberno de Gaza logo de vencer con claridade nas eleccións lexislativas.

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]