Mar Negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O Mar Negro visto por satélite, coa península da Crimea e o Mar de Azov ao norte - Imaxe da NASA.

O Mar Negro é un mar interior entre o sueste de Europa e Asia Menor. Conéctase co Mar Mediterráneo polo Bósforo e o Mar de Mármara, e ao Mar de Azov polo estreito de Kerch.

Características[editar | editar a fonte]

Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.

Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.

Formación[editar | editar a fonte]

Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno[editar | editar a fonte]

O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.

Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, esto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estructuras constuídas polo home a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destos moluscos indica que teñen unha idade de uns 7.000 anos.

Tendo en conta estos feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independiente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocurriu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce rebasaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e se descargaba no Mar Mediterráneo.

Teoría da inundación ou o diluvio[editar | editar a fonte]

En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produxo unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende a antiguidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vias de entrada do gas natural ruso en Europa.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o Norte, o "azul" para o Oeste, o "branco" para o Sur e o "verde" para o Leste. Ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).

Fauna[editar | editar a fonte]

O Mar Negro conta con especies animais características como son:

  • O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi extendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.
  • A carpa común ou europea: É orixinaria tanto do Mar Negro coma do Caspio e o Mar de Aral. Ao igual que o mexillón cebra é unha especie invasora en gran número de ecosistemas.

Poboación[editar | editar a fonte]

As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Estambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebizonda, Samsun e Zonguldak.

Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro.

Odessa
Estanbul
Samsun
Odesa

Pos. Cidade País Rexión Poboación urbana

Sevastopol
Samsun
Sochi
Sevastopol

1 Estambul Turquía Estambul 13.624.240[1]
2 Odesa Ucraína Odesa 1.003.705
3 Samsun Turquía Samsun 535.401[2]
4 Sebastopol Ucraína Crimea 379,200
5 Sochi Rusia Krasnodar Krai 343,334
6 Varna Bulgaria Varna 334,870
7 Trebizonda Turquía Trebizonda 305,231[3]
8 Constanţa Romanía Constanța 283,872[4]
9 Novorosíisk Rusia Krasnodar Krai 241,952
10 Burgas Bulgaria Burgas 223,902[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Negro Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]