Tratado de Versalles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Fotografía da sinatura do Tratado de Versalles.

O tratado de Versalles é un tratado de paz asinado o 28 de xuño de 1919 entre os Países Aliados e Alemaña que puxo un fin oficialmente á Primeira Guerra Mundial. Entrou en vigor o 10 de xaneiro de 1920.

Historia [editar]

O tratado de Versalles naceu de resultas da Conferencia de Paz de París de 1919, e foi firmado de antemán por Alemaña, xa na súa fase da República de Weimar. Tras seis meses de deliberación, o tratado foi ratificado o 10 de xaneiro de 1920. A sinatura do tratado fíxose, de xeito simbólico, na Sala dos Espellos do Palacio de Versalles, o mesmo lugar onde fora proclamado o Imperio Alemán o 18 de xaneiro de 1871.

Condicións do tratado [editar]

Alemaña despois do Tratado:      Administrado pola Sociedade de Nacións      Anexión polos países veciños      República de Weimar
Cambios territoriais en Europa como consecuencia da Primeira Guerra Mundial.

Ao finalizar a Primeira Guerra Mundial e declararse o armisticio, os Aliados reuníronse na Conferencia de Paz de París (1919) para acordar os termos da paz con Alemaña, o antigo Imperio Austrohúngaro —dividido en Austria e Hungría— e Bulgaria. As discusións dos termos da paz empezan o 18 de xaneiro de 1919 e foi presentado ante Alemaña en maio seguinte como única alternativa, o seu rexeitamento implicaría a reanudación das hostilidades.

A delegación e o goberno alemán consideraron o Tratado como un ditame imposto á forza sen un mecanismo de consulta ou participación. Particularmente molesto foi o precepto, incorporado no Tratado, da culpa e responsabilidade de Alemaña na iniciación da guerra. Isto converteuse nun elemento de tensión na política interna en Alemaña entre a dereita e os grupos nacionalistas —que rexeitaban de plano todo o Tratado, sendo partidarios da súa revogación—, e o centro liberal e os socialdemócratas —que trataban de suavizar as cláusulas máis daniñas contra Alemaña, tales como as reparacións económicas e o illamento diplomático. O tratado imponlle a Alemaña moitas sancións, tanto económicas, como militares e territoriais, que serían as causas para o nacionalismo alemán que desembocou no Terceiro Reich e na Segunda Guerra Mundial.

As sancións impostas a Alemaña son as seguintes:

O tratado estableceu a creación da Sociedade de Nacións, un obxectivo prioritario do presidente dos Estados Unidos, Woodrow Wilson. O propósito desta organización era mediar como árbitro nos conflitos entre as nacións para previr que se chegase a un enfrontamento bélico.

Estrutura do tratado [editar]

A sinatura do Tratado de Versalles, pintado por William Orpen.
  • O Pacto da SN (artigos 1 ao 26 e anexo).
  • Parte II As Fronteiras de Alemaña (artigos 27 ao 30).
  • Parte III cláusulas para Europa (artigos 31 ao 117 e anexos).
  • Parte IV Dereitos e intereses alemáns fose de Alemaña (artigos 118 ao 158 e anexos).
  • Parte V Cláusulas militares, navais e aéreas (artigos 159 ao 213).
  • Parte VI Prisioneiros de guerra e cemiterios (artigos 214 ao 226).
  • Parte VII Sancións (artigos 227 ao 230).
  • Parte VIII Reparacións (artigos 231 ao 247 e anexos).
  • Parte IX Cláusulas financeiras (artigos 248 ao 263).
  • Parte X Cláusulas económicas (artigos 264 ao 312).
  • Parte XI Navegación aérea (artigos 313 ao 320 e anexos).
  • Parte XII Portos, vías marítimas e vías férreas (artigos 321 ao 386).
  • Parte XIII Organización Internacional do Traballo (artigos 387 ao 399).
  • Procedementos (artigos 400 ao 427 e anexo).
  • Parte XIV Garantías (artigos 428 ao 433).
  • Parte XV Previsións, misceláneas (artigos 434 ao 440 e anexo).