Lago Constanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do lago Constanza
Foto satélite do Lago de Constanza, cortesía NASA

O lago de Constanza (alemán: Bodensee) é un lago atravesado polo río Rin.

Historia[editar | editar a fonte]

O Lago de Constanza foi mencionado por primeira vez polo xeógrafo hispánico Pomponius Mela, ao redor do ano 43 a.C., observando que o Rin atravesaba dous lagos, aos que lles deu os nomes latinos de Lacus Venetus (hoxe Obersee) e Lacus Acronius (hoxe Untersee). Plinio o Vello usou o nome Lacus Brigantinus, por mor da cidade romana de Brigantium (hoxe Bregenz).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Sitúase na fronteira de Alemaña ao norte, de Austria ao leste e de Suíza ao sur, destacando ademais o enclave da cidade alemá de Constanza na marxe suíza. O Lago baña os Länder alemáns de Baden-Württemberg e de Baviera, e os cantóns suízos de Turgovia e San Galo.

A súa área é de 536 km², calculada de novo en 2004, xa que o valor tradicional era de 571 km² e correspondía co nivel hidrolóxico máximo e non co seu nivel medio. O lago está situado 395 m por riba do nivel do mar e é o terceiro maior lago da Europa Central, despois do Lago Balaton e do Léman. A súa maior profundidade é de 252 m, no medio da súa parte oriental (Obersee). O seu volume é de aproximadamente 55 km³.

O lago ten catro partes: Obersee, Überlinger See, Zeller See e Untersee. O Rin entra no lago polo sueste, a través do Obersee, na cidade de Constanza, e do Untersee, saíndo do lago preto de Stein am Rhein. O lago de Constanza fornece de auga a varias cidades do sur de Alemaña.

O lago de Constanza foi formado polo glaciar do Rin durante a Era glacial. O Rin, o Bregenzer Ache, e o Dornbirner Ache transportan sedimentos dos Alpes para o lago, diminuíndo así gradualmente a profundidade do lago no sueste.

Curiosidade xeográfica[editar | editar a fonte]

Non existe un acordo legal sobre onde pasan as fronteiras da Suíza, Alemaña e Austria no lago. Mentres que a Suíza mantén a idea de que a fronteira pasa polo medio do lago, a Austria considera que o lago está suxeito ao condominio dos tres Estados nas súas marxes. Alemaña mantén unha opinión ambigua. Cuestións legais relacionadas coa circulación de barcos e pesca son rexidas en tratados separados.

Illas[editar | editar a fonte]

Cidades bañadas[editar | editar a fonte]

Austria[editar | editar a fonte]

Alemaña[editar | editar a fonte]

A partir da entrada do Rin, na marxe norte ou dereita.

No Obersee e Überlinger See

No Untersee

Suíza[editar | editar a fonte]

Da entrada do Rin, na marxe sur ou esquerda:

No Obersee

No Rin

No Untersee

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lago Constanza