Partido Socialista Unificado de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sozialistische Einheitspartei Deutschlands
Partido Socialista Unificado de Alemaña
SED Logo.svg
Partido gobernante da antiga RDA
Fundación 1946
Disolución 1990
Precedido por Partido Comunista
Partido Socialdemócrata
Sucedido por Die Linkspartei
Ideoloxía Comunismo
Marxismo-leninismo
Filiación internacional Kominform
Mocidades Freie Deutsche Jugend
Cores oficiais Vermello
Publicación oficial Neues Deutschland

O Partido Socialista Unificado de Alemaña (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED) foi un partido político alemán. Gobernou a República Democrática Alemá dende a súa fundación o 7 de outubro de 1949 até as eleccións do 18 de marzo de 1990.

Historia[editar | editar a fonte]

O SED foi fundado en abril de 1946 mediante a unificación do Partido Comunista de Alemaña (KPD) e o Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) na zona soviética de ocupación de Alemaña tras a Segunda Guerra Mundial. O resultado foi a creación dun partido poderoso, con máis de 1.260.000 afiliados. En outubro dese mesmo ano celebráronse eleccións e a SED obtivo case o 50% dos votos en Alemaña Oriental. O SED formou seguidamente o Fronte Nacional de Alemaña Democrática coa Mocidade Libre Alemá, a Federación Alemá de Sindicatos Libres e as organizacións democristiás e liberais do Leste.

Carné de membro do SED.

Esta coalición unitaria, controlada na práctica polo SED, ocupou os escanos da Cámara do Pobo da RDA até as eleccións de 1990. A finais dos anos 1980, o Partido Socialista Unificado contaba con 2,8 millóns de militantes e exercía o control total da vida política do país. O seu secretario xeral era o primeiro gobernante da República e o seu diario, Neues Deutschland (Nova Alemaña), un dos máis lidos. Os seus secretarios xerais durante este período foron Wilhelm Pieck (1946-1950), Walter Ulbricht (1950-1971), Erich Honecker (1971-1989) e Egon Krenz (1989).

Tras a caída do Muro de Berlín en novembro de 1989 e o esborrallamento de tódalas estruturas de poder da República Democrática Alemá, a SEDE cambiou a súa denominación pola de Partido do Socialismo Democrático (PDS) e perdeu o 95% da militancia. En 2005 cambiou a súa denominación a Partido da Esquerda e obtivo os mellores resultados electorais desde 1989.

Sección de Berlín Oeste[editar | editar a fonte]

Inicialmente, o SED tiña unha sección en Berlín Oeste, mais en 1962 esta sección converteuse nun partido autónomo chamado o Partido Socialista Unificado de Berlín Oeste (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Westberlins, SEW).

Secretarios Xerais do Comité Central do SED[editar | editar a fonte]

Foron tamén coñecidos como "Primeiro Secretario" entre 1953 e 1976.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]