Luns de Pascua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ermida de San Cibrán en Tomeza (Pontevedra).

O luns de Pascua é o día seguinte (luns) á Pascua católica (domingo). É o primeiro día da Oitava de Pascua (popularmente coñecida como semana de Pascua).

É festivo local no concello de Rois, e neste día celébrase a romaría de San Cibrán na parroquia de Tomeza (Pontevedra), a romaría da Virxe de Chamorro en Serantes (Ferrol), o Lance da Cruz en Sobrada (Tomiño), a romaría da Virxe dos Desamparados nos Vilares (Guitiriz), a romaría na capela da Virxe das Neves no monte da Peneda (Redondela), a romaría do San Bieito da Uceira en Cerredelo (Sandiás), e a festa de San Bieito en San Salvador de Asma (Chantada) e Penouta (Vilamartín de Valdeorras). Tamén se festexa en Esposende (Cenlle) e Circes (Touro).