Joachim Gauck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joachim Gauck
2011 Joachim Gauck.jpg
Standarte des Bundespräsidenten.svg
11º Presidente de Alemaña
Período: 18 de marzo de 2012
Antecesor: Christian Wulff
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: Angela Merkel
Monarca: {{{monarca1}}}
Membro do Bundestag
Período: 3 de outubro de 1990
Antecesor: 4 de outubro de 1990
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 24 de xaneiro de 1940
Lugar: Rostock, Alemaña
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Independente
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Gerhild Gauck (1959-1991)
Parella: Daniela Schadt (dende 2000)
Fillos: Christian, Martin, Gesine e Katharina
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: Universidade de Rostock
Profesión: Pastor
Relixión: Luterano
Premios: {{{premios}}}
Joachim Gaucks signature.svg
{{{web}}}

Joachim Gauck, nado o 24 de xaneiro de 1940 en Rostock, no actual estado de Mecklemburgo-Antepomerania, daquelas pertencente á Alemaña nazi, é un ex-pastor luterano é actual Presidente da República Federal de Alemaña. Sendo cidadán da entón República Democrática Alemá (RDA) tivo un papel activo no proceso da reunificación alemá. Joachim Gauck foi unha figura central en protestas pacíficas que levaron á caída do muro de Berlín en 1990. Desde entón ten sido político independente e publicista, tendo un papel de relevancia como xestor do arquivo deixado pola Stasi.

En 2010 foi candidato a Presidente de Alemaña, perdendo por poucos votos fronte ao candidato da CDU Christian Wulff. Dous días despois da renuncia deste último, ao ser investigado por corrupción e tráfico de influencias, o 19 de febreiro de 2012, foi escollido como candidato común para á presidencia da Alemaña, exceptuando o partido Die Linke, que a peseres de ter cadeira no Bundestag non foi convidado a participar deste consenso. O 18 de marzo de 2012 foi elixido pola Asemblea Federal (Bundesversammlung) obtendo case o 80% dos votos.

Taxectoria[editar | editar a fonte]

O 24 de xaneiro de 1940 Joachim Gauck nace en Rostock, actual estado de Mecklemburgo-Antepomerania, ao norte da daquela Alemaña Nazi, fillo dun mariñeiro. En1951 o seu pai foi preso e deportado a Siberia, aínda que posteriormente, en 1955, foi perdoado voltando cara Rostock. Tres anos despois comezaría os seus estudios de teoloxía na Universidade de Rostock, rematándoos en 1965.

Dende ese ano comezou actividade na Igrexa Evanxélica Luterana de Mecklemburgo. Primeiro traballou como capelán e, despois de súa ordenación, foi pastor en Güstrow a partir de 1970, sendo posteriormente colocado na área de desenvolvemento parroquial do barrio Evershagen em Rostock. En 1982 foi nomeado o responsable máximo da Igrexa en Mecklemburgo, cargo que ostentaría até 1990.

En 1989 foi co-fundador do movemento de protesta pacífico da Igreja en Mecklemburgo. Gauck realiza cultos semanais, seguidos por grandes manifestacións na súa cidade natal. Foi tamén sendo membro e presidente do Neues Forum de Rostock, unha das novas formacións políticas xurdidas na RDA. En 1990 pasou ser Deputado da Volkskammer, o parlamento da RDA que decidiu dissolver este estado.

Xestor do arquivo da Stasi[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Stasi.

Gauck dirixiu a Comisión Federal para os arquivos da Stasi,[1] creada para controlar a disolución da antiga Stasi a partir do 3 de outubro de 1990. Esta Comisión, que pasou a ser chamada de Gauck Behörde, administra o legado da Stasi e tórnao accesible a tódolos interesados. Tras dous mandatos, foi substituído en outubro de 2000 por Marianne Birthler. Gauck ten sido repetidamente homenaxeado por súas realizacións e publicacións.

Carreira política[editar | editar a fonte]

O nomeamento de Joachim Gauck e a súa candidatura para o cargo de Presidente de Alemaña en 2010 tivo un gran apoio xeral dos medios en Alemaña. Con todo, foi derrotado en tres roldas polo candidato do partido dos gobernantes (CDU), Christian Wulff. Despois da renuncia de Christian Wulff o 17 de febreiro de 2012, por causa da súa relación cun caso de corrupción, o goberno alemán de coalición propuxoo candidato, xunto coa oposición, para o seu nomeamento como presidente.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Disolución da Stasi Deutsches Rundfunkarchiv (de)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Standarte des Bundespräsidenten.svg
Presidente de Alemaña

Segue a:
Landtag Niedersachsen DSCF7770 cropped.JPG
Christian Wulff
Joachim Gauck
(2012-presente)

Precede a:
No cargo
Independente
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Joachim Gauck