Amin al-Husseini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amin al-Husayni»)
Infotaula de personaAmin al-Husseini

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد أمين الحسيني Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Xerusalén (Imperio Otomán) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Beirut, Líbano Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMartyrs' Cemetery in Beirut (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Grand Mufti
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBerlín (1941–1945)
Bagdad (1939–1941)
Xerusalén
O Cairo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMandato británico de Palestina (1920–1948)
Imperio Otomán (1895–1920) Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de al-Azhar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , mufti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlta Comissão Árabe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua turca, lingua francesa e árabe Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Otomano (pt) Traducir e Revolta Árabe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de abril de 1955Conferencia de Bandung Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMohammed Tahir al-Husayni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Muhammad Amin al-Husseini (en árabe, أمين الحسيني), nado en Xerusalén, ca. 1895 e finado en Beirut o 4 de xullo de 1974, foi un líder nacionalista árabe-palestino e un líder relixioso musulmán na súa calidade de gran muftí de Xerusalén. Antisemita acérrimo, encabezou numerosos pogromos contra os xudeus durante o Mandato Británico de Palestina, ademais de converterse no principal aliado islámico do Terceiro Reich durante a segunda guerra mundial.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira en Palestina[editar | editar a fonte]

Naceu en 1895 en Xerusalén, aínda que hai fontes que sitúan a data do seu nacemento en 1893. Foi membro dunha das familias musulmás máis prominentes da Cidade Santa. En 1913 foi en peregrinación a A Meca, de aí o seu tratamento honorífico de Hajj. Serviu no Exército otomán durante a primeira guerra mundial como soldado e como imán encargado das necesidades espirituais das tropas; alí loitou contra as forzas británicas, pero foi capturado por estas tralo colapso da resistencia turca na primavera de 1918.

En 1921 Palestina converteuse nun mandato británico, e o Alto Comisario indultouno e nomeouno «Gran Mufti de Xerusalén».[2] En 1922 foi elixido presidente do Consello Supremo Musulmán, cargo onde despregou grande influencia sobre os musulmáns residentes en Palestina. Aínda que se viu obrigado a aceptar o dominio do Reino Unido, pronto mostrou alarma polos proxectos do sionismo, que alentaban unha masiva inmigración xudía á rexión.

En vista de que as autoridades británicas negábanse a prohibir a entrada dos xudeus, al-Husseini foi un dos líderes das "revoltas árabes" de 1929 e de 1936, que deron lugar a senllas masacres contra os xudeus,[3] entre as que destaca a Matanza de Hebrón. Desempeñou un papel destacado na formación das primeiras guerrillas árabes que atacaban aos xudeus e aos británicos para opoñerse ao establecemento dun Estado xudeu no Mandato británico de Palestina. As súas actividades dirixíronse tamén a desafiar a autoridade británica en Palestina, polo cal pronto tivo que exiliarse en Alemaña, esperando achar alí un réxime aliado grazas ao seu antisemitismo.[1]

Colaboración co Terceiro Reich[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Operación Atlas.
Amin al-Husseini e Adolf Hitler entrevistándose en Berlín, foto de novembro de 1941.

Ao estalar a segunda guerra mundial al-Husseini xa estaba establecido en Berlín e aliouse co Terceiro Reich, pero o seu apoio resultou de pouca axuda nos inicios da contenda. Porén, en 1941 as campañas da Italia fascista contra os británicos en Exipto estimularon a al-Husseini a asumir funcións máis activas; nese mesmo ano, tralo éxito da invasión de Iugoslavia polas forzas do Eixe, al-Husseini promoveu o recrutamento de musulmáns bosníacos e albaneses para as Waffen-SS, axudando a formar a 13ª División de Montaña SS Handschar.[4] Esta división volveuse soada polos masacres particularmente atroces cometidos contra os partisanos iugoslavos. En novembro de 1941, logrou entrevistarse con Adolf Hitler,[5] e, de acordo co profesor Bernard Lewis, alí tratou de convencelo para que ampliase o exterminio de xudeus aos territorios que a Francia de Vichy e a Italia fascista controlaban aínda no norte de África, e tamén propuxo que a Luftwaffe bombardeara Tel Aviv,[6] cidade habitada case na súa totalidade por xudeus. Con todo, na acta da reunión consta unicamente o rogo a Hitler de que proclamase o apoio alemán ao movemento independentista árabe de Palestina, así como a cortés negativa do Führer.[7]

Permaneceu como invitado do Terceiro Reich, continuando a súa colaboración co nazismo ata pouco antes da capitulación alemá.[1] Tratou de escapar a Suíza, pero foi rexeitado na fronteira e viuse forzado a entrar en Francia, onde permaneceu un ano baixo arresto domiciliario. Al-Husseini foi considerado por certa historiografía xudía, polo menos desde o punto de vista ideolóxico, como un dos "arquitectos do Holocausto". Segundo a escritora Pamela Geller, durante a súa estancia en Europa al-Husseini influíu para que o réxime nazi procedese ao xenocidio de xudeus na maior cantidade posible, e inclusive chegou a solicitar aos xerarcas nazis que fosen asasinados os 400.000 xudeus que os alemáns pensaban deportar a Palestina.[8]

Posguerra e últimos anos[editar | editar a fonte]

Amin al-Husseini pasando revista a tropas bosníacas das SS.

Al-Husseini burlou a vixilancia francesa en 1946 e chegou a O Cairo, onde pediu asilo político e asumiu o mando do recentemente creado Alto Comité Árabe. O movemento sionista solicitou ao Reino Unido (naqueles anos Exipto era protectorado británico) a súa extradición para xulgalo como criminal de guerra. Con todo, os aliados non compraceron o rogo, xa que al-Husseini gozaba de gran prestixio no mundo árabe. Iugoslavia, que padecera as súas matanzas, tamén o intentou, pero a Liga Árabe e o Goberno exipcio denegaron unha vez máis a solicitude de extradición.

Xa en Exipto, al-Husseini loitou para que os países árabes lanzasen ataques masivos contra o recentemente creado Estado de Israel en 1948, e opúxose tenazmente a todo armisticio ou negociación. A súa popularidade, porén, impediulle asumir posicións gobernativas en tanto os líderes políticos árabes negásense a permitirlle maiores ambicións. Al-Husseini tratou en balde de gañar influencia sobre as monarquías de Exipto e Xordania, recibindo pola contra rexeitamentos aos seus esforzos de dirixir un movemento político significativo, mentres que ningún goberno árabe o aceptaba como líder político propio, deixándolle apenas a xefatura da debilitada diáspora palestina. O Goberno de Toda Palestina (establecido pola Liga Árabe, con dominio unicamente sobre a Franxa de Gaza), do cal formaba parte, foi perdendo paulatinamente importancia ata que foi disolto por Gamal Abdel Nasser en 1959. Tras iso, al-Husseini puxo fin á súa carreira política e trasladouse ao Líbano, onde viviu ata a súa morte.

Morreu en Beirut en 1974. Non puido ser enterrado en Xerusalén, como era o seu desexo, debido á negativa do Goberno israelí, que gobernaba toda a cidade tralo seu triunfo na Guerra dos Seis Días de 1967.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Culla 2005, p. 129.
  2. Elpeleg 1993, p. 11.
  3. Culla 2005, p. 102.
  4. Mousavizadeh 1996, p. 23.
  5. Culla 2005, p. 128.
  6. Lewis 1995, p. 311.
  7. "Full official record: What the mufti said to Hitler". Times of Israel (en inglés). 21 de outubro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  8. Geller, Pamela (7 de febreiro de 2010). "The Mufti of Jerusalem: Architet of the Holocaust" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]