Iugoslavia
- Para unha maior información véxase o artigo: República Federal Socialista de Iugoslavia
Iugoslavia (serbocroata: Југославија ou Jugoslavija: etimoloxicamente eslavos do sur), foi un estado situado na cordilleira dos Balcáns tras a disolución do Imperio Austrohúngaro.
En 1918 fúndase o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. En 1929 troca o nome a Reino de Iugoslavia, ata que é invadido polas potencias do eixe en 1941, pasando a ser dividio entre elas, quedando só, cunha certa autonomía, o Reino de Croacia, un estado títere de Italia, e unha pequena parte de Serbia, como protectorado alemán.
Tras a derrota do eixe, esa zona é liberada por guerrilleiros partisáns e, a última hora, tropas do Exército Vermello en 1945. Estableceríase un estado comunista co nome República Federal Socialista de Iugoslavia.
Este estado non puido sobrevivir á caída do bloque oriental, e na Terceira Guerra dos Balcáns (1991 - 2001), Bosnia - Hercegovina, Croacia, Eslovenia e Macedonia pasan a ser nacións independentes.
O resto do país refúndase como República Federal de Iugoslavia para, despois, ser coñecido como Serbia e Montenegro, ata a separación destes dous países, en 2006.