Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado Libre de Baviera
Freistaat Bayern
Freistoot Boarn
Bandeira de Baviera Escudo de Baviera
Bandeira Escudo
Himno: Bayernhymne
 
Deutschland Lage von Bayern.svg
 
Estado Alemaña Alemaña
Capital
 • Poboación
Múnic
1.365.052 (2008)
Linguas
 • Oficiais
Alemán, bávaro, suabo e francón oriental
Alemán
Estatus
 • Ministro-Presidente
Estado federado
Horst Seehofer (CSU)
Fundado
Reino

1806
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 1º
70.552 km²

km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 2º
12.519.312
177 hab./km²
Xentilicio Bavarés
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .de
Código ISO DE-BY
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Alemaña
Bandeira civil de Baviera

Baviera (en alemán Bayern e en bávaro Baian) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern desde que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o máis grande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70.553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións como en ningunha outra parte da Alemaña. A súa capital é Múnic.

Até a década de 1950 predominaba en Baviera a agricultura como principal fonte económica. Aínda hoxe, a rexión pre-alpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de mediados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos. Baviera converteuse, asemade, no centro número un da tecnoloxía avanzada na Alemaña. Cómpre salientar a tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal. Por outra banda, o estado debe o seu grande atractivo turístico á rica herdanza histórico-cultural, así como á beleza das paisaxes. Por exemplo, a beleza dos Alpes, co pico máis alto da Alemaña -o Zugspitze (2.962 metros)-, a rexión pre-alpina ten grandes lagos como o Chiemsee e o Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), os bosques Fränkische Alb, Fichtelgebirge Steigerwald, etc.

Existen gran cantidade de parques urbanos –como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic- amais de castelos e pazos. Cómpre salientar os erixidos na época de Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.

O traxe típico, o Jäger, na actualidade vístese durante a celebración de festividades populares, como a anual festa da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic, que goza de sona internacional, e que é elaborada segundo a Lei da pureza de 1516. O lúpulo co que se produce é cultivado no propio estado.

A capital, Múnic, un centro significativo da ciencia e da investigación, conta cunha das meirandes biblotecas de europa, a Biblioteca Estatal Bávara, con máis de 6 millóns de volumes. Así mesmo localizánse na capital bávara o Instituto Max Planck de Física do Plasma, o Deutsches Museum, a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museos de arte. A división antiga de Baviera era en tres zonas tradicionalmente ben definidas: Suevia, Franconia e A Vella Baviera.


Xeografía[editar | editar a fonte]

A Baviera partilla fronteira coa Austria (Estados da Alta Austria, Salzburgo, Tirol e Vorarlberg) no sueste, coa Chequia ao oeste e o Lago de Constanza a suroeste. No marco da Alemaña, rodéana os estados de Baden-Württemberg (ao oeste), Hessen (ao noroeste), Turinxia (ao norte), e Saxonia (ao nordés).

Atravésaa o Danubio (Donau en alemán) e mailo Main.

As outras grandes cidades bávaras son Nuremberg (491.000 habitantes), Augsburgo (258.000), Würzburg (130.000), Regensburg (127.000), Ingolstadt (117.000), Fürth (111.000) e Erlangen (102.000) ou Bayreuth.

Administración política[editar | editar a fonte]

A Baviera dispón actualmente dun parlamento unicameral (der Landtag), elixido por sufraxio universal. Ata decembro de 1999, existía tamén un senado (der Senat), formado por membros escollidos polos grupos socio-económicos da Baviera; non obstante esta institución foi abolida logo dun referendo que se realizou en 1998.

O goberno bávaro, como os dos demais länder da Alemaña, é liderado por un Ministro-Presidente (Ministerpräsident). Actualmente o Ministro-Presidente da Baviera é Günther Beckstein (elixido polos socialcristiáns da CSU), o cal foi o substituto de Edmund Stoiber, que ocupou o cargo ata que se decidiu retirar. Desde 1962 que a CSU (o partido-irmán da CDU na Baviera) goberna o estado con sucesivas maiorías absolutas.

División administrativa[editar | editar a fonte]

A Baviera está dividida en 71 distritos (Kreis no singular, Kreise no plural) e 25 cidades independentes.

Mapa da Baviera mostrando os distritos e cidades independentes.

Distritos da Baviera:

  1. Aichach-Friedberg
  2. Altötting
  3. Amberg-Sulzbach
  4. Ansbach
  5. Aschaffenburg
  6. Augsburgo (Augsburg)
  7. Bad Kissingen
  8. Bad Tölz-Wolfratshausen
  9. Bamberg
  10. Bayreuth
  11. Berchtesgadener Land
  12. Chan
  13. Coburg
  14. Dachau
  15. Deggendorf
  16. Dillingen
  17. Dingolfing-Landau
  18. Donau-Ries
  19. Ebersberg
  20. Eichstätt
  21. Erding
  22. Erlangen-Höchstadt
  23. Forchheín
  24. Freising
  1. Freyung-Grafenau
  2. Fürstenfeldbruck
  3. Fürth
  4. Garmisch-Partenkirchen
  5. Günzburg
  6. Haßberge
  7. Hof
  8. Kelleim
  9. Kitcingen
  10. Kronach
  11. Kulmbach
  12. Landsberg
  13. Landshut
  14. Lauf an der Pegnitz
  15. Lichtenfels
  16. Lindau
  17. Main-Spessart
  18. Miesbach
  19. Miltenberg
  20. Mühldorf
  21. Múnic (München)
  22. Neuburg-Schrobeñausen
  23. Neumarkt
  24. Neustadt (Aisch)-Bad Windsheim
  25. Neustadt (Waldnaab)
  1. Neu-Uln
  2. Nürnberger Land
  3. Oberallgäu
  4. Ostallgäu
  5. Passau
  6. Pfaffenhofen
  7. Regen
  8. Ratisbona (Regensburg)
  9. Rhön-Grabfeld
  10. Rosenheim
  11. Roth
  12. Rottal-Inn
  13. Schwandorf
  14. Schweinfurt
  15. Starnberg
  16. Straubing-Bogen
  17. Tirschenreuth
  18. Traunstein
  19. Unterallgäu
  20. Weilheim-Schongau
  21. Weißenburg-Guncenhausen
  22. Wunsiedel
  23. Würzburg

Cidades independentes (Stadkreise), que non pertencen a ningún distrito:

  1. Amberg
  2. Ansbach
  3. Aschaffenburg
  4. Augsburgo (Augsburg)
  5. Bamberg
  6. Bayreuth
  7. Coburg
  8. Erlangen
  9. Fürth
  1. Hof
  2. Ingolstadt
  3. Kaufbeuren
  4. Kempten
  5. Landshut
  6. Memmingen
  7. Múnic (München)
  8. Nuremberg (Nürnberg)
  9. Passau
  1. Regensburg
  2. Rosenheim
  3. Schwabach
  4. Schweinfurt
  5. Straubing
  6. Weiden
  7. Würzburgo (Würzburg)

Os distritos mencionados arriba agrúpanse en sete gobernos de distrito (Regierungsbecirke):

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Baviera

A familia Wittelsbach gobernou a Baviera ininterrompidamente, desde 1180 ata 1918. En 1806, o duque da Baviera foi feito rei, e en 1815, despois da desagregación do Imperio Napoleónico, o Palatinado do Rhin tornouse parte do Reino da Baviera. Luís II de Baviera (1845 - 1886), que reinou de 1864 ata ao seu suicidio en 1886, é probabelmente o máis coñecido monarca bávaro, responsábel da construción de verdadeiros castelos de contos de fadas, o máis coñecido é Neuschwanstein.

Nos comezos do século XIX e por mor das Guerras Napoleónicas, Baviera uniuse á Confederación do Rin. Baviera foi aliada de Francia neste período e malia ter que ceder as súas posesións máis occidentais do río Rin, Napoleón Bonaparte procuroulle compensacións que acrecentaron considerabelmente o seu territorio. En 1805 créase o reino de Baviera. Tralos desastres militares do emperador francés en 1813, Baviera vira as súas armas contra Francia. Despois da caída do Primeiro Imperio Francés, Baviera uniuse á Confederación Xermánica.

Aínda que favoreceu a creación da Unión Alfandegueira de Alemaña (Zollverein), Baviera resistiu as tentativas doutros estados alemáns para unha unificación nun único Imperio ata 1871, cando tivo que ceder ante Prusia, que resultara triunfante na guerra contra Francia do ano anterior. Así, o Reino de Baviera converteuse nun dos 25 estados do Imperio Alemán. Aínda así a Constitución de 1871 asegúralle en troques maior independencia có resto dos estados constituíntes. A monarquía foi abolida en 1918 tralo final da Primeira Guerra Mundial. Logo da Revolución de Novembro de 1918, Baviera conformará a República Soviética de Baviera, que desaparecerá o 3 de maio de 1919.

Cando os nazis acceden ao Goberno alemán en 1933, constrúen o seu primeiro campo de concentración en Baviera. Ademais, o país perde a súa independencia como estado. E en Múnic xorde o grupo Die Weiße Rose ('A Rosa Branca'), formado por estudantes universitarios e o seu profesor de filosofía, que até 1943 en que son axustizados desenvolveron unha campaña panfletaria contra o nazismo.

Na cidade bávara de Nüremberg tiveron lugar os xuízos de guerra posteriores á II Guerra Mundial.Co final da guerra o movemento nacionalista tentou conseguir o apoio dos EUA para un estado bávaro independente, mais finalmente obtiveron unha autonomía diferenciada coa constitución de Alemaña Occidental que neste "land" foi no único onde non foi aprobada.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Castelo Schleissheim.

A BMW (Bayerische Motoren-Werke, ou "Fábrica Bávara de Motores") e a Audi son empresas fundadas na Baviera e que a partir de aí controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.

Todos os anos ten lugar o festival Oktoberfest, a maior festa da cervexa no mundo, celebrada desde 1811 que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de setembro e termina sempre no primeiro domingo de outubro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baviera Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]