Conflito israelí-palestino de 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Franxa de Gaza      Áreas evacuadas dentro de Israel      Extensión actual da invasión israelí en Gaza      Extensión máxima da invasión de Hamas en Israel      Área en Gaza que Israel ordenou evacuar

O 7 de outubro de 2023[1] estalou un conflito armado israelí-palestino entre grupos militantes palestinos[2] liderados por Hamas e as forzas militares israelís. O conflito comezou cun ataque de Hamas ao sur de Israel,[3] ao cal as forzas militares israelís responderon con amplos ataques na Franxa de Gaza de Palestina[4] e cunha invasión de Gaza.[5] A finais de outubro, máis de 1.500 israelís[6] e máis de 8.000 palestinos foron asasinados, incluíndo máis de 3.000 nenos, ao tempo que uns 230 israelís e estranxeiros seguían en cativeiro ou tomados como reféns por Hamas.[7]

O ataque de Hamas comezou na maña do 7 de outubro cun lanzamento de máis de 5.000 foguetes dende a Franxa de Gaza contra Israel,[8] mentres uns 3.000 militantes palestinos atravesaron a barreira entre Gaza e Israel, asesinando civís en máis dunha ducia de masacres e incendiando as súas vivendas, así como atacando as bases militares das Forzas de Defensa de Israel preto da Franxa de Gaza.[9] Cando menos uns 44 países, a maioría deles occidentais, cualificaron a incursión sorpresa como un ataque terrorista.[10] Hamas declarou que o seu ataque era unha resposta á "profanación da Mesquita de Al-Aqsa", o bloqueo da Franxa de Gaza, os asentamentos israelís e a violencia dos colonos israelís.[11][12][13]

A actual guerra, a máis violenta dende a guerra do Yom Kippur, é a quinta guerra na Franxa de Gaza, e forma parte do conflito israelí-palestino.[14] En 2023, antes do comezo da ofensiva, un aumento na violencia entre israelís e palestinos causou a morte de cando menos 247 palestinos, 32 israelís e dous estranxeiros.[15][16][17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beauchamp, Zack. "Why did Hamas invade Israel?". Vox. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2023. Consultado o 7 de outubro de 2023. 
  2. Simpson, John (11 de outubro de 2023). "Why BBC doesn't call Hamas militants 'terrorists' – John Simpson" (en inglés). BBC. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  3. Ganeyeh, Mustafa Abu; Benassatto, Leonardo (31 de outubro de 2023). "'I was reborn' on Oct. 7 says survivor of Hamas attack on Israeli festival" (en inglés). Reuters. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  4. George, Susannah; Dadouch, Sarah; Parker, Claire; Rubin, Shira (9 de outubro de 2023). "Israel formally declares war against Hamas as more than 1,000 killed on both sides". The Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Arquivado dende o orixinal o 8 de outubro de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  5. Kingsley, Patrick; Bergman, Ronen (30 de outubro de 2023). "Under Shroud of Secrecy, Israel Invasion of Gaza Has Begun". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  6. "Over 1,538 Israelis killed in Gaza war since Oct. 7: Report". aa.com.tr. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  7. "Gaza has become a graveyard for thousands of children" (en inglés). UNICEF. 31 de outubro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. Our gravest fears about the reported numbers of children killed becoming dozens, then hundreds, and ultimately thousands were realized in just a fortnight. The numbers are appalling; reportedly more than 3,450 children killed; staggeringly this rises significantly every day. 
  8. "Around 1,000 dead in Israel-Hamas war, as Lebanon's Hezbollah also launches strikes". South China Morning Post. 8 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 8 de outubro de 2023. Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  9. "Hamas Leaves Trail of Terror in Israel". The New York Times (en inglés). 10 de outubro de 2023. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  10. Waldo, Cleary; Epstein, Gabriel; Hilbush, Sydney (11 de outubro de 2023). "International Reactions to the Hamas Attack on Israel". PolicyWatch 3793. The Washington Institute. Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  11. McKernan, Bethan; Michaelson, Ruth; Graham-Harrison, Emma; Kierszenbaum, Quique; Balousha, Hazem; Taha, Sufian; Sherwood, Harriet; Beaumont, Peter (14 de outubro de 2023). "Seven days of terror that shook the world and changed the Middle East". The Observer. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  12. "Hamas leader says operation 'heroic epic' in response to aggression against Al-Aqsa". Anadolu Agency. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  13. Pacchiani, Luca (7 de outubro de 2023). "Hamas deputy chief anticipates hostages will be swapped for Palestinian prisoners". The Times of Israel (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2023. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  14. "What is Hamas? The group that rules the Gaza Strip has fought several rounds of war with Israel" (en inglés). Associated Press. 9 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2023. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  15. Bergman, Ronen; Kingsley, Patrick (11 de outubro de 2023). "How Israel's Feared Security Services Failed to Stop Hamas's Attack". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2023. Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  16. Shaath, Azzam (13 de xuño de 2023). "Hamas: From Resistance to Restraint?". Carnegie Endowment. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2023. Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  17. "Israel pounds Gaza as PM Netanyahu warns of 'long and difficult war'". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023. Before Saturday, the violence this year had killed at least 247 Palestinians, 32 Israelis and two foreigners, including combatants and civilians, according to Israeli and Palestinian officials.