Rañaceos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre Taipei 101, actualmente o máis alto rañaceos do mundo.
Rañaceos en Madrid.

Rañaceos é a denominación popular de edificios dotados dunha altura singular fronte aos demais e de unha forma xeral presentando formatos de torre. Estes edificios normalmente posúen carácter multifuncional, sendo capaces de abrigar establecementos residenciais, comerciais, de servizos, entre outros. A súa presenza no espazo urbano, cando destacada por riba da altura media dos demais edificios, constitúese en xeral como unha referencia ou marco para a cidade, aínda que tamén poida xerar problemas varios ligados á mobilidade urbana, consumo de enerxía e seguridade.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia da arquitectura, con excepción de monumentos como obeliscos e columnas, encóntranse poucos edificios dotados de grande altitude. Normalmente, os poucos exemplares eran as torres, as cales posuían algún tipo de significado relixioso (como as torres de templos católicos) ou militar. Até o período da Revolución Industrial, os edificios de uso cotián raramente posuían múltiples andares.

Até mediados do século XIX, a altura máxima encontrada nas grandes cidades capitalistas era de uns cinco andares. Unha das razóns era debida ás escadas, pois ninguén se dispuña a subir até andares altos. Por outro lado, a construción de edificios altos demandaba sistemas construtivos e tecnolóxicos avanzados. Como a maior parte das edificacións eran construídas en cachotería, canto maior a altitude, maiores as espesuras necesarias para as súas paredes portantes, sexa para soportar os andares superiores ou para resistir aos esforzos do vento. De aí que, avances construtivos que tornaban as paredes independentes dos elementos estruturais do edificio, como o formigón armado e a estrutura en ferro (e máis tarde en aceiro) xa posibilitaban a construción de edificios altos: o inconveniente das escadas, aínda así, era maior e estes sistemas dunha forma xeral eran caros.

En 1852, a invención do ascensor por Elijah Otis eliminou o primeiro impedimento. O segundo problema foi resolto a partir da popularización dos sistemas construtivos avanzados: a prefabricación de elementos construtivos en aceiro nos países industrializados pasou a ser relativamente común. Así, en 1885 foi construído en Chicago o que está considerado como o primeiro rañaceos, o Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney.

Na década de 1920, unha conxunción de factores — novas técnicas de construción, materiais máis resistentes e a invención dos elevadores — deu lugar aos rañaceos. A novidade cambiou as formas de consumo, de facer comercio e, principalmente, da morada dos habitantes das metrópoles. Cabe notar tamén que a produción arquitectónica ligada á Escola de Chicago, influenciada e esixida polas necesidades do capitalismo naquela cidade, e a arquitectos como Louis Sullivan posuíu tamén un papel de difundir as novas tipoloxías urbanas entre outras cidades no mundo. O rañaceos pasaría a caracterizarse como símbolo do progreso industrial nas grandes cidades do mundo desenvolvido: a cidade de Nova York viviu nas dúas décadas seguintes unha carreira entre emprendedores en busca da construción do edificio mais alto. Como froito deste fenómeno, xurdiron edificios que hoxe son considerados símbolos daquela cidade, como o Empire State Building, o Chrysler Building e máis tarde o Rockfeller Center.

Os 51 edificios máis altos da actualidade[editar | editar a fonte]

Rank Edificio Cidade País Altura Andares Ano
1 Burj Khalifa Dubai Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 828 m 163 2010
2 Taipei 101 Taipei Flag of the Republic of China.svg Taiwán 509 m 101 2003
3 Petronas Tower 1 Kuala Lumpur Flag of Malaysia.svg Malaisia 452 m 88 1998
4 Petronas Tower 2 Kuala Lumpur Flag of Malaysia.svg Malaisia 452 m 88 1998
5 Sears Tower Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 442 m 110 1974
6 Jin Mao Tower Xangai Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 421 m 88 1998
7 Two International Finance Center Hong Kong Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 415 m 88 2003
8 CITIC Plaza Cantón Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 391 m 80 1997
9 Shun Hing Square Shenzhen Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 384 m 69 1996
10 Empire State Building Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 381 m 102 1931
11 Central Plaza Hong Kong Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 374 m 78 1992
12 Torre do Banco da China Hong Kong Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 367 m 72 1990
13 Emirates Office Tower Dubai Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 355 m 54 2000
14 Tuntex Sky Tower Kaohsiung Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 348 m 85 1997
15 Aon Center (Chicago) Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 346 m 83 1973
16 The Center Hong Kong Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 346 m 73 1998
17 John Hancock Center Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 344 m 100 1969
18 Ryugyong Hotel Pyongyang Flag of North Korea.svg Corea do Norte 330 m 105 1992
19 Q1 Tower Gold Coast Australia Australia 323 m 78 2005
20 Burj al-Arab Dubai Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 321 m 60 1999
21 Chrysler Building Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 319 m 77 1930
22 Bank of America Plaza Atlanta Estados Unidos de América Estados Unidos 312 m 55 1992
23 US Bank Tower Os Ánxeles Estados Unidos de América Estados Unidos 310 m 73 1990
24 Menara Telekom Kuala Lumpur Flag of Malaysia.svg Malaisia 310 m 55 2001
25 Emirates Hotel Tower Dubai Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 309 m 56 2000
26 AT&T Corporate Center Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 307 m 60 1989
27 JPMorganChase Tower Houston Estados Unidos de América Estados Unidos 305 m 75 1982
28 Baiyoke Tower II Banguecoque Flag of Thailand.svg Tailandia 304 m 85 1997
29 Two Prudential Plaza Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 303 m 64 1990
30 Kingdom Centre Riyadh Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita 302 m 41 2002
31 First Canadian Place Toronto Flag of Canada.svg Canadá 298 m 72 1976
32 Yokohama Landmark Tower Yokohama Flag of Japan.svg Xapón 296 m 70 1993
33 Wells Fargo Plaza Houston Estados Unidos de América Estados Unidos 296 m 71 1983
34 311 South Wacker Drive Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 293 m 65 1990
35 SEG Plaza Shenzhen Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 292 m 70 2000
36 American International Building Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 290 m 66 1932
37 Key Tower Cleveland Estados Unidos de América Estados Unidos 289 m 57 1991
38 Plaza 66 Xangai Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 288 m 66 2001
39 One Liberty Place Philadelphia Estados Unidos de América Estados Unidos 288 m 61 1987
40 Bank of America Tower Seattle Estados Unidos de América Estados Unidos 285 m 76 1985
41 Tomorrow Square Xangai Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 285 m 55 2003
42 Cheung Kong Centre Hong Kong Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 283 m 62 1999
43 The Trump Building Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 283 m 70 1930
44 Bank of America Plaza (Dallas) Dallas Estados Unidos de América Estados Unidos 281 m 72 1985
45 OUB Centre Singapur Flag of Singapore.svg Singapur 280 m 63 1986
46 Republic Plaza Singapur Flag of Singapore.svg Singapur 280 m 66 1995
47 UOB Plaza One Singapur Flag of Singapore.svg Singapur 280 m 66 1992
48 Citigroup Center Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 279 m 59 1977
49 Hong Kong New World Tower Xangai Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China 278 m 61 2002
50 Scotia Plaza Toronto Flag of Canada.svg Canadá 275 m 68 1988
51 Williams Tower Houston Estados Unidos de América Estados Unidos 275 m 64 1983

Rañaceos por cidades[editar | editar a fonte]

América[editar | editar a fonte]

España[editar | editar a fonte]

Galiza[editar | editar a fonte]