Oeste

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Rosa dos ventos. O oeste (W) é a dirección á esquerda.

Oeste, símbolo W ou O é un dos catro puntos cardinais da Rosa dos Ventos, tamén coñecido como Poñente, Occidente ou Ocaso; dirección onde o Sol se pón no equinoccio.

O nome oeste provén do inglés "west", o cal deriva da verba "westar" do alto alemán antigo que está posibelmente relacionado co termo latino "vesper" que significa "tarde" e que está emparentado co grego "hesperos" cuxo significado é o mesmo.

O término occidente deriva etimoloxicamente do latín occĭdens, -entis, participio activo de occidĕre que significa: caer. A orixe deste significado provén da crenza popular dos antigos de que no solpor o Sol caía polo punto cardinal oeste.

Ferramentas persoais