Zugspitze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zugspitze
Zugspitze Airview 01.jpg

Elevación: 2.962 metros
Latitude: 47° 25′ N
Lonxitude: 10° 59′ O
Localización: Alemaña, Austria
Cordilleira: Macizo de Wetterstein
Primeira acensión: 27.08.1820:Joseph Nauss, Johannes Georg Deutschl, Maier
Rota máis fácil: teleférico, tren
Localización do Zugspitze no sur de Alemaña

O Zugspitze é unha montaña situada na cadea dos Alpes, no macizo de Wetterstein, nos Alpes bávaros. É a cima máis elevada da Alemaña, con 2.962 metros. O Zugspitze sitúase exactamente sobre a fronteira xermano-austríaca, mais o cume está dentro da Alemaña. Forma parte do distrito de Garmisch-Partenkirchen.

O Zugspitze fica nunha rexión de deportes invernais, dispondo dun pequeno glaciar, o Schneeferner, que está en retroceso nos últimos anos. Sitio moi turístico, a cima é doadamente accesíbel por medio do Ferrocarril do Zugspitze e polos teleféricos a disposición, tanto na parte alemá como na parte austríaca. As temperaturas medias do cume atinxen os -11,2 °C en xaneiro e os 2,0 °C no mes de xullo. A capa de neve, en promedio, alcanza os 385 cm en marzo.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Entre o Sonnenspitze, o Wetterstein (onde se levanta o Zugspitze) e o Daniel, coexisten tres tipos de rochas encamadas unhas sobre as outras até o erguemento do macizo. Estas montañas preséntanse agora como unha balconada sobre o val do río Inn. Case todos estes tipos de rochas se formaron no remoto pasado no fondo do mar e están compostas de material calcáreo e dun seu derivado, a dolomita. Xunto con estas rochas áchase tamés gres, silicatos e toba volcánica.

En comparación coa idade da Terra (4.500 millóns de anos), as rochas presentes aquí son relativemente novas. Un primeiro grupo data de 250 a 130 millóns de anos de antigüidade (Triásico e Xurásico), mentres que un segundo grupo data de arredor de "tan só" 10.000 anos (glaciación de Würm).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zugspitze