Johann Wolfgang von Goethe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Aufrichtig zu sein kann ich versprechen
unparteiisch zu sein aber nicht
Maximen und Reflexionen

Podo prometer ser sincero
pero non imparcial.
Máximas e Reflexións


—Johann Wolfgang von Goethe

Johann Wolfgang von Goethe, nado en Frankfurt o 28 de agosto de 1749 e finado o 22 de marzo de 1832, foi un novelista, dramaturgo, poeta, científico, filósofo humanista e, durante dez anos, funcionario do Estado de Weimar.

[editar] Traxectoria

Fillo de Johann Caspar Goethe, un avogado que se retirou da vida pública e educou os seus fillos el mesmo, baixo a máxima de non perder o tempo no máis mínimo, e de Katharina Elisabeth Textor, filla dun antigo burgomaestre de Frankfurt. Estes vencellos familiares puxéronlle en contacto desde o principio co patriciado urbano e a vida política. De intelixencia superdotada e provisto dunha enorme e enfermiza curiosidade, fixo practicamente de todo e chegou a acumular unha omnímoda cultura. Estudou Dereito en Leipzig e Estrasburgo, á vez que escribía os seus primeiros poemas; Katharina von Klettenberg, amiga de súa nai, introduciuno no misticismo relixioso pietista. Trasladado a Estrasburgo, coñeceu alí a Friederike Brion, que lle inspirou a caracterización da maioría das súas personaxes femininas, e trabou amizade co filósofo Johann Gottfried von Herder, cuxos Discursos á nación alemá tanto influíron no Romanticismo alemán.

O propio Goethe narrou a súa vida nun libro autobiográfico, Poesía e verdade, así como na novela parcialmente autobiográfica As mágoas do mozo Werther.

[editar] Véxase tamén

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Ferramentas persoais