Neville Chamberlain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neville Chamberlain
Neville Chamberlain

Arthur Neville Chamberlain, nado en Birmingham (Reino Unido) en 1869, e finado en Heckfield (Reino Unido) en 1940, foi un político inglés. Primeiro ministro británico dende 1937, defendeu unha política de aquiescencia fronte a Hitler. Aceptou no Pacto de Munich a división de Checoslovaquia e polo tanto a anexión de Bohemia ó Terceiro Reich. Entregou o poder a Churchill en maio de 1940, trala invasión alemá de Holanda, Bélxica, Luxemburgo e Francia.