Dólar estadounidense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Billete de dólar de 1917

O dólar estadounidense é a moeda oficial dos Estados Unidos dende 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ . O dólar norteamericano tamén é moeda oficial noutros países como O Salvador ou Ecuador.
O dólar emprégase como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. Dos 700.000 millóns de dólares en circulación en 2004 entre a metade e os dous terzos están fóra dos Estados Unidos.

Moedas e billetes [editar]

o dólar divídese en 100 cents (¢). Actualmente as fraccións menores ao dólar emítense en moedas que reciben diferentes nomes:

  • penny ou cent: 1¢
  • nickel: 5¢
  • dime: 10¢
  • quarter: 25¢

Tamén hai moedas de 50¢ e 1 dólar, pero non se empregan nas transaccións comerciais.
Hai billetes de $1, $5, $10, $20, $50 e $100. Anteriormente tamén houbo billetes de $1.000, $5.000 e $10.000.

Orixe do nome [editar]

Billete de $5000 co retrato de Madison

O nome do dólar americano procede da moeda española de oito reais, coñecida como dólar, que circulou amplamente nos Estados Unidos durante a Guerra da independencia americana, á súa vez o español tiña a súa orixe nunha moeda de prata centroeuropea coñecida como a thaler en Alemaña, daler en Suecia e tolar en Chequia.

Ligazóns externas [editar]