Lingua dinamarquesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Dinamarqués (Dansk) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Dinamarca (incluíndo Grenlandia e Illas Feroe), en parte fronteiriza de Alemaña]] | |
| Rexión: | Europa | |
| Total de falantes: | 5,5 millóns | |
| Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
| Clasificación xenética: | Indoeuropea Xermánica Xermánica setentrional Escandinava Escandinava oriental Dinamarqués |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | ||
| Regulado por: | Dansk Sprognævn (Comité da Lingua Dinamarquesa) | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | da | |
| ISO 639-2: | dan | |
| ISO/DIS 639-3: | dan | |
O dinamarqués é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, na Grenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea.É unha lingua escandinava , bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.
Índice |
[editar] Historia
Os primeiros textos en dinamarqués datan de cerca de 1200 . A fins do século XIV a raíña Margareth I decidiu trocar o latín, que era a lingua administrativa, polo dinamarqués.
O dinamarqués moderno desenvolveuse a partir da lingua escrita durante o período da Reforma Protestante, fortemente influenciado nos séculos XVII e XVIII polo dialecto falado polos habitantes de Copenhague, centro cultural, económico e político da nación.
A historia da lingua dinamarquesa divídese en tres períodos:
- Dinamarqués antigo (cerca de 800-1100), que corresponde en gran parte á época Viquinga;
- Dinamarqués medio (cerca de 1100-1525), que corresponde á Idade Media;
- Dinamarqués moderno (a partir de 1525), despois da Reforma ata os días actuais.
De todas as linguas escandinavas, a dinamarquesa é a que se afastou máis das súas raíces comúns escandinavas, sobre todo pola localización xeográfica da Dinamarca que forma unha ponte entre os países nórdicos e a Europa continental.
[editar] Dialectos
Os dialectos dinamarqueses divídense tradicionalmente en tres amplos grupos:
- Jysk (Xutlandia)
- Omál (dinamarqués insular, falados nas illas Fionia, Celandia, e nas illas menores ao sur)
- Bomholmsk (na illa de Bomholm, ao sur da Suecia).
Unha das características máis distintiva da pronuncia dinamarquesa, o stod ou oclusión glótica, cuxo uso varía dependendo da rexión, ten sido utilizada polos lingüistas para diferenciar as variantes dialectais.
[editar] Gramática
A orde da oración é suxeito, verbo e obxecto, aínda que, como complemento, verbo e suxeito sexan utilizados para dar énfase.
O dinamarqués moderno posúe dous casos (nominativo e xenitivo) e dous xéneros (masculino e feminino). Unha das súas características peculiares é o seu modo de articulación sonora, que tivo orixe no acento tónico. O acento tónico está sempre na primeira sílaba da palabra raíz.
O dinamarqués posúe dous xéneros: común e neutro. O artigo determinado é -en para substantivos comúns e -et para os neutros, sendo -ene a forma de plural para ambos os xéneros.
A partícula negativa é o adverbio ikke.
Os verbos son transitivos ou intransitivos, tendo voces activa e pasiva e modos indicativo e imperativo con vestixios do subxuntivo.
[editar] Vocabulario
Algunhas palabras e frases comúns en dinamarqués:
- Olá - hej, goddag, dav(s)
- Adeus - farbel, hej-hej
- Onde fica...? - hvor ligger...?
- ... a casa de baño - badeværelset.
- ... o hospital - hospitalet/sygehuset.
- Fala (vostede) español? - taler De spansk?
- Obrigado! - tak!
- De nada - tak i lige måde/ingen årsag
- Canto custa? - hvor meget koster det?
- Si - ja ou jo
- Non - nej
Os números do un a vinte en dinamarqués son:
en to tre fire fem seks syv otte ni ti elleve tolv tretten fjorten femten seksten sytten atten nitten tyve.
[editar] Ligazóns externas
En inglés:
- Danish 101 Learn Danish online
| Linguas oficiais da Unión Europea | ||
|---|---|---|
| Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco |
||
| Fonte: Sitio da Unión Europea | ||

