Río
Un río é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, ou incluso no deserto. Cando desemboca noutro río denomínase afluente.
Os tres ríos mais longos do mundo son o Amazonas, cuns 7.000 km, seguido do Nilo cuns 6.700 km e do Mississippi-Missouri cuns 6.200 km.
O Amazonas é tamén o que posúe, de lonxe, a máis grande bacía, duns 6.150.000 km², e máis o maior caudal (uns 190.000 m³/s).
En Europa, os mais grandes son o Volga con 3.700 km e o Danubio con 2.857 km.
[editar] Ríos de Galiza
Galiza é unha terra moi rica en ríos. Así, Otero Pedrayo definiuna como "a nación dos mil ríos alimentados por dez mil regatos pequenos".
O Miño é o río máis importante de Galicia, tanto pola súa lonxitude como polo seu caudal.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Ríos de Galicia
- Río Douro
- Río Texo
- Río Guadiana
- Río Guadalquivir
- Río Ebro
- Galería de imaxes de ríos de Galicia